Skip to Content

Día de Rosalía de Castro

Día de Rosalía

 

O día de Rosalía celébrase tal día coma hoxe, 23 de febreiro, e para conmemorar a esta escritora fíxose unha exposición de libros sobre ela e cada aula traballou coa súa poesía a nivel xeral e a nivel concreto o "caldo de Rosalía".

Día de Rosalía

Polo Día de Rosalía, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, propuxémoslle ao alumnado investigar sobre a vida de Rosalía de Castro. Neste vídeo podedes ver o resultado. 

VÍDEO ROSALÍA DE CASTRO

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: MOSAICO COAS FOTOS DOS NENOS E NENAS

 

 Pincha na imaxe para ver o vídeo

RECITANDO A ROSALÍA

Este ano decidimos dedicar o Día de Rosalía a recitar algúns dos seus poemas. Cada aula elexiu o que máis lle gustou, memorizárono e logo fomos ao ximnasio para recitalo diante dos demais compañeiros do colexio. Unha actividade que os pareceu moi chula. 

 

 

 

 PICADE NA IMAXE PARA VER TODOS OS VÍDEOS DO RECITADO

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 2018

Este ano celebramos o día de Rosalía dun xeito un pouco diferente. Quixemos visibilizar a importancia que Rosalía ten para a Lingua Galega. Para iso preparamos nas aulas uns mapas de Galicia nos que puxemos imaxes e poemas de Rosalía. 

 

Logo saímos á vila e colocamos os mapas nas ventás de diferentes establecementos e no Concello. 

Deixámosvos aquí unha mostra dos traballos e do día no que saímos. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a picture slideshow

DÍA DE ROSALÍA 2017

Como vén sendo costume, celebramos no centro o día de Rosalía con moitísima ilusión. E porén sempre facemos diversas actividades para dála a coñecer ao alumnado. 

 

Aquí vos deixamos algúns dos traballos que se fixeron: 

 

CARICATURAS DE ROSALÍA DE 2º

TRABALLO SOBRE ROSALÍA DE 6ºB

FOLLETO INFORMATIVO FEITO POR 5º PARA TODO O ALUMNADO

 MOITOS FIXERON TAMÉN UNS MARCAPÁXINAS COMA ESTES:

Outra das actividades consistiu na saída ao Auditorio, a onde nos convidou o Concello, para ver á obra "A viaxe de Rosalía" interpretada por Larraitz Urruzola

 

 

 

Video aloxado en Youtube por Urdimevideos

 

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut