Skip to Content

Fin de curso

Festival de Fin de Curso

A continuación deixamos o vídeo coas actuacións do fesival de fin de curso. 

Bo verán!

Fin de Curso (actualización)

Estimadas familias,

O vindeiro día 21 de Xuño rematará o curso 2022-2023.

Ese día celebraremos o final de curso no auditorio José Gil de As Neves. O festival comenzará ás 10,30 horas.

As butacas principais estarán destinadas ao alumnado. As familias ocuparán as butacas de plástico.

No caso de que algún familiar desexe levarse a algún alumno, deberá informar ao profesorado.

As clases o día 21 rematan ás 13,00 horas, e por motivos de transporte alleos ao centro, a saída nos autobuses será ás 13:30 horas, despois do servizo de comedor.

 


As notas entregaranse o día 20 de Xuño.

Graduación 6º de Infantil

O alumnado de 6º de Educación Infantil celebrou o seu paso a Primaria acompañados de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Os antigos alumnos e alumnas do centro foron os encargados de poñerlles as bandas e as orlas. 

Este acto formou parte da celebración do 50 aniversario do centro.

Grazas a todos e todas por participar!


 

Clicando na imaxe podedes ver imaxes do evento.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación Infantil

Graduación 6º de Primaria

O alumnado de 6º de Educación Primaria celebrou a súa graduación acompañados de toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Desexámosvos a mellor das experiencias na nova etapa que iniciades no instituto. Non nos esquezades!

Os antigos alumnos e alumnas do centro foron os encargados de poñerlles as bandas e as orlas. 

Este acto formou parte da celebración do 50 aniversario do centro.


 Clicando na imaxe podedes ver imaxes do evento.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación Primaria

O BAILE DE 2º

Aquí vos deixo o vídeo co noso baile. Fixéstelo xenial. 

 

 

Pasade un bo verán e un merecido descanso despois deste curso tan difícil. Unha aperta

FIN DE CURSO 2021

Así celebramos este ano o fin de curso e despedimos aos nenos e nenas de 6º.

Desexámoslles que teñan moitísima sorte na nova etapa que van a comezar. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

MENSAXE DE FIN DE CURSO DA NOSA DIRECTORA LUPE

MENSAXE DE FINDE CURSO DOS E DAS PROFES

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut