Skip to Content

Nadal

Celebramos o nadal

O xoves 21, último día do trimestre, celebramos a chegada das vacacións do Nadal cunhas actividades moi especiais.

Primeiro, visitounos Papá Noël, cargadiño de caramelos.

Despois, celebramos o sorteo da lotería, presentado pola mestra Ana, o teacher Alberto, e o auxiliar Kai, que se puido ver en rigoroso directo dende todas as aulas. 

Por último, fixéronse uns obradoiros de nadal no ximnasio.

Pasámolo moi ben!

Clicando na seguinte imaxe poderedes ver algunhas fotos do que fixemos.

Grazas a todos e todas por participar, e Bo Nadal!!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Nadal

Bo Nadal 2023


Obradoiro de Nadal

Neste 1º trimestre imos realizar na biblioteca un obradoiro creativo con 1º e 2º de Educación Primaria, tendo de apoio o libro "Creactividades de Nadal" de Blanca Millán.

Vén á biblioteca!

Vota o menú de Nadal!

O alumnado do noso colexio estivo investigando sobre pratos saudables que lles apeteza comer no último día de clase deste 1º trimestre. Nunhas horas imos colocar os menús xunto a urna para que voten.

Nos próximos días coñeceremos o menú gañador! Poderedes lelo no menú do mes de decembro.

 

MENÚ DE NADAL

NOTICIA!! Hoxe apareceu en cada aula este cartel. Con que menús nos sorprenderá o alumnado?

O festival de Nadal

Ao remate do primeiro trimestre, celebramos o Festival de Nadal, no pabellón do cole. 

Os alumnos e alumnas de sexto fixeron de anfitrións da gala, encargándose de presentar as distintas actuacións.

 

Clica nas portas de cada aula para ver a súa actuación:

Infantil 1

Infantil 2

1º de Primaria

2º de Primaria

3º de Primaria

4º de Primaria

5º de Primaria

6º de Primaria

ACTUACIÓN TEATRAL DE 6º ED.PRIMARIA

ACTUACIÓN DE INFANTIL GRUPO B

ACTUACIÓN DE INFANTIL 1º

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut