Skip to Content

Infantil

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE 4º EI

O alumnado de 4º de Educación Infantil recomenda algúns dos seus libros favoritos.

Podedes atopalos na biblioteca!

RECOMENDACIÓNS D@S NEN@S DE 6º INFANTIL.

ENTROIDO EN INFANTIL

 

O ciclo de educación infantil fixo unha pequena investigación sobre os peliqueiros!!

 

PRESENTACIÓN INICIO CURSO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3ºANOS)

 

Para ver a presentación máis grande preme AQUÍ

 

 

PROPOSTA PARA TRABALLAR O AUTOCOÑECEMENTO

Queridas nenas e nenos

Aquí estamos de novo para facervos outra proposta, esta vez para coñecernos mellor a nos mesmos. O autocoñecemento é a base para ter unha relación sa e sólida con nos mesmos. Coñecernos ben e querernos moito é o primeiro paso para ser felices e sentirnos mellor. 

Para introducirnos un pouco nesta tarefa, deixámosvos tres modelos a continuación. Podedes imprimilos ou crear os vosos propios tomando estes como referencia ou ao voso gusto. Como prefirades. Veredes que hai espazo de sobra para poder escribir ou debuxar, sentídevos libres de expresarvos como máis cómodos vos sintades. 

PICA NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES

 

 

Aqueles que estades seguindo a proposta anterior de escribir un diario, podedes usar as súas páxinas para facer esta tarefa. Sen necesidade de imprimir os modelos, usades as preguntas sobre as que escribir e deixádesvos levar. Por suposto, non esquezades que un diario é algo moi persoal; algo que é só voso e sodes libres de usalo como mellor vos pareza: escribindo, debuxando, pintando, pegando fotos e recortes ou combinando todas esas ideas. 

Moitas veces queremos expresar como nos sentimos pero é difícil porque non atopamos nome para unha ou varias emocións en concreto. Para facilitarvos ese traballo, deixámosvos tamén por aquí un labirinto de emocións do libro Emocionario de Cristina Núñez e Rafael R. Valcárcel, así como un anaco do mesmo libro en galego e en castelán, para que botedes man del se o precisades.

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN GALEGO

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN CASTELÁN

Se tedes calquera dúbida non dubidedes en preguntar. Aínda que se trata dunha tarefa voluntaria e que é só para vos, permitiravos atopar paz nestes momentos. 

 

PARA AS FAMILIAS: esta proposta non ten limitación de idade ningunha polo que vos animamos a todos os membros da familia a dedicarlle uns minutos cada día confiando en que achegue algo de alivio nesta situación. Se ben, sobre todo cos máis pequenos, quizais sexa imprescindible un pouco de axuda, polo que lede con eles a proposta e traballádea como mellor consideredes. Pode que o debuxo e a pintura sexan os mellores aliados cos máis cativos. De igual xeito, o concepto de diario igual é moi abstracto, polo que vos instamos a usar os modelos propostos nestas ocasións sendo libres de imprimir ou de facer os vosos propios cos vosos fillos e fillas. 

Quedando á vosa enteira disposición, 

O Departamento de Orientación

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA

Hoxe celébrase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA e moitos de vós participastes no noso reto. Deixámosvos aquí a montaxe dos vídeos que nos fixestes chegar. 

Para velos só tedes que picar na imaxe de cada montaxe. 

    

  
 
  
 

REPLANTAMOS NO COLEXIO

Hoxe tocou repoñer plantas na entrada do colexio. Ao longo da mañá saíron todos os cursos para plantar unhas photinias. 

TEATRO EN ARBO

Esta semana houbo teatro  en Arbo. Organizada pola ANPA de Arbo  tivemos ocasión de visitar o seu auditorio o  día 14 e o 15 de novembro para ver unhas obras de teatro representadas por o grupo Migallas. 

O 14 foron os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria a ver a obra "CANTA CONNOSCO". 

O 15 foron os nenos de 3º a 6º de primaria para ver a obra "UN AVÓ ESPECIAL". 

Pasárono moi ben. 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE AS NEVES

Os nenos e nenas de infantil foron convidados a asistir na Biblioteca de As Neves a unha sesión de contacontos. Gustoulles un montón e queremos deixarvos aquí as fotos do evento. 

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
A free digital scrapbooking design by Smilebox
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut