Skip to Content

Novas

Calendario Escolar 2023-24

Calendario escolar

Elaborado a partir do Calendario creado por VigoPeques.

Solicitude Transporte Escolar - Actualizado

Clicando na seguinte imaxe podedes descargar a solicitude para o transporte escolar:

Bus

 

Solicitude actualizada o 29 de agosto de 2023.

Listados de Material de Educación Infantil

Nos seguintes enlaces podedes descargar os listados de material para os distintos cursos de educación infantil:

4º de Ed. Infantil

(3 anos)

5º de Ed. Infantil

(4 anos)

6º de Ed. Infantil

(5 anos)

Convocatoria de Comedor

Estimadas familias,

Seguindo o indicado  na Instrución 2/2023, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024, poñemos a vosa disposición o Anexo II para a autodeclarazión do prezo público do comedor escolar.

Este anexo pódese enviar por correo electrónico ao centro, ou de forma presencial entre o 1 e o 8 de setembro.

Bo verán!

Últimos días para solicitar a axuda de libros e material

Fin de Curso (actualización)

Estimadas familias,

O vindeiro día 21 de Xuño rematará o curso 2022-2023.

Ese día celebraremos o final de curso no auditorio José Gil de As Neves. O festival comenzará ás 10,30 horas.

As butacas principais estarán destinadas ao alumnado. As familias ocuparán as butacas de plástico.

No caso de que algún familiar desexe levarse a algún alumno, deberá informar ao profesorado.

As clases o día 21 rematan ás 13,00 horas, e por motivos de transporte alleos ao centro, a saída nos autobuses será ás 13:30 horas, despois do servizo de comedor.

 


As notas entregaranse o día 20 de Xuño.

Calendario: Axudas para libros e material escolar

A continuación preséntase o calendario de axudas para libros e material escolar:

Do 15 ao 19 de Xuño

Entrega dos libros do fondo

3 de  Xullo

Listaxe provisional de beneficiarios

3 de Xullo ao 7 de Xullo

Prazo de reclamación

10 de Xullo

Listaxe definitivo de beneficiarios

13 e 14 de Xullo

Recollida de vales

Xornada Formativa As Neves

Aliméntate ben! Froita na escola

Durante  os recreos deste curso degustamos froitas variadas: amorodos, sandías, mazás, peras, plátanos...

Ñam, ñam, ñam :)

 

Isto formou parte do Programa "Aliméntate Ben".

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut