Skip to Content

Infantil

Reformando o patio de infantil

A cativada de infantil tivo que abandonar o seu patio, unha vez máis, para deixarlle sitio ao equipo de reformas. 

Aquí vos deixamos o proxecto, e cruzamos os dedos para que a obra dure o menor tempo posible.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para conmemoralo, o alumnado escolleu palabras relacionadas coa paz: igualdade, respecto, amor, humildade, tolerancia, amizade... e as definiron coas súas palabras.

Todas estas palabras atópanse no corredor, entrelazadas nunha sopa de letras xigante que resolveremos entre todas e todos.

Proxecto "EU"

O alumnado de Infantil 1 estivo investigando sobre o corpo humano durante este 1º trimestre. Aquí podedes ver unha das actividades que fixeron en Polos Creativos.

II Feira da Ciencia

O xoves 30 de novembro, celebramos a II edición da Feira da Ciencia do cole.

Cada aula presentou un experimento relacionado coa cociña. Puidemos ver experimentos relacionados co leite, cos ovos, coa auga, co aceite e, cómo non, coas chuches!

Álbum: Curso 2023-2024 -> II Feira da Ciencia

Libres

O CEIP Marquesa do Pazo da Mercé uniuse baixo o lema "LIBRES" polo Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.  Cada bolboreta representa un desexo, un dereito ou un obxectivo que dende XA debe esparexerse na sociedade.

Parabéns a tod@s pola participación!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> 25 de novembro: Somos Libres

Aviso: Entrado polo portal verde

Aviso: entrada polo portal verde

Obradoiro de galletas

O alumnado de Educación Infantil estivo facendo un obradoiro de galletas polo Samaín coa axuda dos libros da biblio!

 

Presentación para as familias

Estimadas familias,

Compartimos con vós a presentación usada na reunión do 8 de setembro. Esperamos que vos sexa de utilidade.

Reunión de Inicio de Curso

Calendario Escolar 2023-24

Calendario escolar

Elaborado a partir do Calendario creado por VigoPeques.

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut