Skip to Content

Nadal

OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL

Polo Nadal, dende biblioteca, desenvolveuse un obradoiro de postais e con elas traballamos os circuítos de cinta de cobre.

BO NADAL 2020!

 

O CEIP MARQUESA DO PAZO DA MERCÉ deséxavos un bo nadal con este vídeo.

Esperamos que vos guste! 

 Con fins educativos utilizouse a canción "Volver a casa por nadal" de Xabarín & Xabaranda

 

LUDOTECA NADAL 2020

 

LUDETECA DE NADAL 2020

Concello de As Neves

 

Prema AQUÍ para ver a información

 

ASÍ CELEBRAMOS O NADAL NO COLEXIO

Deixámosvos en imaxes a celebración do Nadal no noso colexio. Foi un día moi especial tanto polas actividades que realizamos como pola visita do Papá Noel. Pero non só por iso, senón porque tivemos outra visita moi especial,  catro mulleres do centro de maiores acercáronse ao colexio para participar connosco nas actividades do día. Foi moi entrañable telas entre nós. 

GRAZAS POLA VISITA!  

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow created with Smilebox

Manualidades de Nadal en 5º e 6º - Christmas crafts

Nesta ocasión empregamos en 5º e 6º a técnica de Papiroflexia para facer unhas preciosas árbores de Nadal. Ellie, a auxiliar de conversa foilles dando os pasos para que conseguiran o producto final. Gustoulles moito. 

 

 

En 6º fixeron tamén unhas bolas co uso do compás para facer uns círculos perfectos e ver así como o compás nos pode ser de utilidade para facer unhas manualidades lucidas. 

 

 

Contacontos polo Nadal

Este ano contamos polo Nadal cunha contacontos que nos contou a historia dunha nena que saiu buscar ao apalpador. Estivo moi entretido e tívonos enganchados todo o rato. Gustounos moitísimo. 

 

   

 

MOITAS GRAZAS POR ESTE CONTACONTOS!

KARAOKE, BAILE E MANUALIDADES POLO NADAL

Como cada ano tratamos de celebrar o Nadal motivando ao alumnado con distintas actividades, dende un contacontos que xa vos comentamos nunha entrada anterior, pasando polo canto, o baile e sen esquecer as distintas manualidades que se foron facendo.

Deixámosvos aquí unha mostra do que fixemos. 

KARAOKE

 

         

 

MANUALIDADES E DECORACIÓN

 

  

 

  

CELEBRAMOS O NADAL 2017

 

           

Así de chulo quedou a nosa exposición coas distintas manualidades que se fixeron nas aulas. 

 

E aquí tamén vos deixamos unha mostra do obradoiro e do karaoke

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design created with Smilebox

CHEGOU O NADAL

Para celebrar o Nadal fixemos varias actividades. Comezando pola decoración:

       

   

Todo o alumnado participou no taller de manualidades que se levou a cabo no ximnasio. Fixéronse dous grupos. Nun grupo de traballo ía o alumnado de Educación Infantil, 1º de primaria e 2º de primaria. E no segundo grupo o alumnado de 3º a 6º de primaria. A manulidade deste ano foi a creación dun dulceiro para levar para a casa. 

Aquí vos deixamos como traballaron os pequenos: 

 

 

E así traballaron os maiores: 

E así de chulos quedaron os dulceiros

 

ACTIVIDADES DE NADAL

O último día de clases fixemos uns talleres no ximnasio e de aí levaron os nenas e nenas un calendario para as súas casas. Tamén participaron nun Karaoke onde cantaron unha chea de cancións entre os que se atopaban tanto panxoliñas como cancións antigas e de actualidade. Algúns ata eran tan atrevidos que cantaban sos. Unha experiencia moi chula. Aquí vos deixamos a montaxe das fotos do día. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free digital slideshow
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut