Skip to Content

Novas

Avaliación de diagnóstico

Estimadas familias.

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º de educación primaria, que terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

Novos carteis na biblioteca histórica!

Estivemos renovando os carteis da biblioteca histórica cos nosos grandes recursos da aula de Polos Creativos! Pasamos dunhas letras de cartolina xa dobradas co tempo... A estes listóns con vinilo!

Aberto o prazo de matrícula

Informamos ás familias que o prazo de matrícula está aberto desde hoxe, 1 de marzo.

 

Documentación a entregar:

  • Impreso de matrícula, firmado polas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras.

  • Copias dos DNI dos membros da familia

  • Copia da tarxeta sanitaria do neno ou da nena.

  • Copia do certificado ou volante de empadroamento.

  • Copia (se é o caso) da sentenza de divorcio ou separación.

A Consellería de Educación pon á disposición das familias a aplicación admisionalumnado, que permite cubrir a solicitude online. Unha vez cuberta pode presentarse de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. 

 

Prazos:

  • 1 a 20 de marzo: Solicitude de praza.
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos.
  • 20 de xuño a 1 de xullo: Prazo de formalización de matrícula.

Recollida solidaria de material educativo.

O noso colexio participa, a través da ANPA Eira da Liñaza, no proxecto "Azores Solidarios".

O obxectivo é a recollida de Material Educativo para as escolas ruraris do sur de Marrocos.

Azores Solidarios

No arquivo adxunto atoparedes toda a información sobre o proxecto.

Postos escolares para o curso académico 24-25

A oferta de postos escolares do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé para o vindeiro curso académico 24–25 é a seguinte:

  • 4º Educación Infantil: 20 vacantes.

  • 5º Educación Infantil: 0 vacantes.

  • 6º Educación Infantil: 0 vacantes.

  • 1º Educación Primaria: 2 vacantes.

  • 2º Educación Primaria: 4 vacantes.

  • 3º Educación Primaria: 0 vacantes.

  • 4º Educación Primaria: 4 vacantes.

  • 5º Educación Primaria: 0 vacantes.

  • 6º Educación Primaria: 0 vacantes.

Haberá unha reserva de prazas para o alumnado NEAE segundo o artigo 5 do Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.


 

Alumnado admitido:

Admitidxs

Xornada de Portas Abertas

Cartel Cornada de Portas Abertas

Reformando o patio de infantil

A cativada de infantil tivo que abandonar o seu patio, unha vez máis, para deixarlle sitio ao equipo de reformas. 

Aquí vos deixamos o proxecto, e cruzamos os dedos para que a obra dure o menor tempo posible.

Reparto de leite

Aviso: Servizos mínimos en folga de traballadores

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut