Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Saídas

Saída de 5º a Pontevedra!

O martes 18 de abril, os alumnos e alumnas de 5º fixeron unha saída á cidade de Pontevedra. 

Primeiro, fixeron un percorrido pola zona monumental, visitando lugares emblemáticos da cidade: a praza da leña, a praza da ferrería, a contorna da Igrexa da Peregrina, o Loro Ravachol, a praza Méndez-Núñez (onde atoparon a Valle-Inclán), e a praza da Verdura.

Despois, foron o Museo Provincial para realizar a actividade "Detectives da Arte".

 

Foi unha saída que lles gustou moito, e onde cabe destacar a implicación e o bo comportamento do alumnado.

Fai clic en "Ler máis" para ver o resto das fotografías.

XOGADE: Cross

Como parte do Plan Proxecta Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD, o alumnado de terceiro a sexto de educación primaria participou nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE), en Guláns.

Clicando na seguinte imaxe podedes ver as imaxes correspondentes coa actividade de cross, celebrada nos días 26 e 27 de xaneiro.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Xogade: Cross

Teatro en inglés: What Monster!

O mércores 25, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria visitou o teatro AFundación, en Vigo, para ver a obra de teatro en inglés What Monster!, de On Stage Company.

Ace, Roy e os "campers" coñeceron a un monstro moi particular!

Saída ao teatro do primeiro ciclo

O martes 15 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo visitou o teatro A Fundación para ver a obra "La aventura de aburrirse", do grupo L'Estaquirot.

Álbum: Curso 2022-2023 -> La aventura de aburrirse - Saída 1º ciclo

VISITA VIRTUAL AO IES

 Queridas nenas e nenos de 6º curso, 

 

Este ano todo se desenvolve dun xeito diferente e, como consecuencia, non puidestes ter a vosa visita en persoa ao IES. Pero non tedes de que preocuparvos porque non ides quedar sen ela. Aquí tedes un vídeo para darvos a benvida totalmente en exclusiva!

 

Veredes que, ademais de ensinarvos algunhas das instalacións que coñeceredes mellor en setembro, tamén vos dan algúns detalles de organización (horarios, asignaturas, comedor...). 

 

Gustaríame que, se tedes algunha dúbida ou queredes preguntar algo que preguntariades de ter ido en persoa, mo fagades saber no seguinte correo electrónico: orientacionmarquesamerce@gmail.com

 

Tanto eu como a Orientadora do IES estaremos encantadas de axudarvos!

 

Unha aperta!

A Orientadora

 

 

XINCANA DA RESPONSABILIDADE

 

Esta semana levouse a cabo unha actividade en prol da igualdade. Todos os cursos de primaria pasaron pola XINCANA DA RESPONSABILIDADE, organizada polo Concello, na que Alba e Fátima convidaron ao noso alumnado a realizar diversas tarefas do fogar. 

Os rapaces e rapazas pasárono moi ben e viron a importancia de que todos  axuden coas tarefas do fogar pa,ra que o traballo sexa máis levadeiro. Aprenderon tamén que eles son quen de facer moitas tarefas aínda que non lles pareza. 

 

    

 camara-de-fotos-imagen-animada-0012

MÁIS FOTOS

CONCURSO IMAGINE FOOD DE EROSKY

 O día 14 de febreiro o alumno David R. de 4º de Primaria, acompañado polos seus compañeiros e compañeiras, acudiu ao Eroski de Ponteareas para recibir o seu premio ao proclamarse como gañador do concurso dentro da súa categoría.

Seguindo as instrucións da chef Bárbara todo o alumnado preparou o prato “Palmeiras de froita e iogur” que posteriormente degustaron.

Ademais, ao alumno fíxoselle entrega dunha bicicleta e a titora un cheque valorado en 2000 euros para o centro.

 Dende aquí queremos darlle as grazas á cadea de Supermercados Eroski polo seu recibimento e bo trato e como non felicitar unha vez máis ao noso campión.

 

     

CARREIRA SOLIDARIA

O noso centro participou hoxe na carreira solidaria da ONG SAVE THE CHILDREN. Os cartos recaudados a través dos patrocinios familiares dos rapaces e rapazas serán entregado a dita ONG, que os empregará no seu proxecto de Rohingya

  

 Para ver máis fotos pica AQUÍ

 

aquí vos deixamos tamén un enlace á nova que se publicou na páxina do Concello.  

 

 

Excursión a Vigo de 1º e 2º de primaria

O alumnado de 1º e 2º de primaria fixo o 17 de decembro a súa primeira excursión do curso. Tocou ir a Vigo. Onde fomos primeiro a unha exposición de arte de Afundación,  co título " Sonoro empeño" onde buscamos a música e os instrumentos en diversos cadros da exposición e fixemos un obradoiro no que pintamos ao ritmo da múscia que nos poñían. 

 

Logo fomos a ver a obra de teatro "A nena e o grilo máis aló" de de Maxín Blanco. Tamén aquí xogaba a música un papel moi importante. 

 

E para rematar un día que foi fabuloso, non só polas actividades, senón tamén  porque a chuvia nos deu un pequeno respiro, fomos comer e a xogar ao parque de Castrelos. 

 

 

CONTACONTOS SOBRE A DIABETE

Hoxe fomos, por invitación do Concello,  ao auditorio co alumnado de primaria, para escoitar un conto sobre a DIABETE. Enfermidade que padecen cada vez máis nenos e nenas e na que os seus compañeiros e compañeiras poden ser unha parte fundamental para que non haxa dificultades e emerxencias no colexio. 

A contacontos  foi Raquel Queizás que facendo de investigadora privada nos contou a experiencia dunha nena chamada Mariña para falarnos do tema da diabete.  

Quedáronos claras varias cousas. 

 1º. QUE A DIABETE NON É CONTAXIOSA

 2º. Que os síntomas para detectar unha posible diabete poden ser: 

 - Ter moita fame, comer moito e non engordar

- Beber moito e ir moito ao baño a mexar. 

 3º.  Que un neno ou nena con diabete ten que levar unha mochila con elementos básicos para o seu coidado como o son:

- medidor

- insulina

- zumes

- galletas

- pequeno bocadillo. 

 4º. Que un neno ou nena con diabete pode levar unha vida totalmente normal.  Simplemente ten que saber como ten o azucre e actuar en consecuencia. Coidándose pode facer incluso deporte de competición.  

 5º. Que é moi impotante que os seus compañeiros e compañeiras saiban o que é a diabete e que deben acompañalo/a se di que se atopa mal e avisar aos adultos para que poidan darlle os coidados que precise. 

 

 

 

 

Páxina web de Raquel Queizas para coñecela un pouco máis https://www.raquelqueizas.com/

 

 

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut