try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

07.11.20:CONTACONTOS CHIMPO DE RÁ CON RAQUEL QUEIZAS

Estimadas familias:

Dende o Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira informa dunha sesión de contacontos promovido polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña, programa de dinamización da lingua galega: “Lingua a escena” da man de Raquel Queizás co título: CHIMPO DE RÁ para nenos e nenas de 0-6 anos que se celebrará o vindeiro sábado 7 de novembro ás 12 no C.C. Lustres Rivas  sito na R/ Manuel Lustres Rivas nº 20, 2º andar en Ribeira.

SINOPSE: Nano é o maior é dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe, e rise dela. Nano ten celos de Nona, “Agora, -pensa-, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá”. Nano quere volver ser pequeno outra vez...

Sesión de contos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos. Duración: 35 minutos.

Para poder asistir, é imprescindible inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos a: normalizacion@ribeira.gal.

Saúdos, o Equipo de Biblioteca.