try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

4 .11.2020: CONTACONTOS CAXOTO NO LUSTRES RIVAS 16:30h

Estimadas familias:

Informamos que o vindeiro 4 de novembro do 2020 ás 16:30h terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas a sesion de contacontos chamado Caxoto co seu espectáculo:"CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS".

Un espectáculo de 60 minutos, divertido, emotivo e fantasioso, onde os nenos e nenas  aprenden os beneficios de vivir en igualdade, desmontando algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.

Abordará, como tema central, os estereotipos de xénero a través de algúns clásicos como, por exemplo, Carapuchiña Vermella, contos de piratas, de cabaleiros e princesas, etc

É imprescindible facer inscrición previa no mail: normalizacion@ribeira.gal indicando nome e apelidos dos nenos/as e o nome e teléfono do adulto que os acompaña.

Podedes acceder a mais informacion, premendo aquí.

Saúdos, a Xunta Directiva da ANPA.