try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

MATRÍCULA 2021/22

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/22

 

HORARIO RECOLLIDA FORMULARIOS: DE 10:00H A 14:00H

 

PREME PARA DESCARGAR O FORMULARIO DE MATRÍCULA

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Lembre que xunto con este Documento de Formalización de Matrícula debe de achegar a seguinte documentación (No caso de que NON fose entregado xa no proceso de admisión):

  1. Certificado do Padrón Municipal expedido polo Concello –.
  2. Informe médico–sanitario (Segundo a lexislación vixente, no informe médico do alumno/a debe constar: que non padece enfermidade infectocontaxiosa, o seu estado inmunitario, se existen ou non deficiencias visuais e auditivas, así como as recomendacións, se procede, sobre as medidas que habería que tomar no caso de que o alumno/a padecese algunha enfermidade ou limitación distinta das reseñadas anteriormente.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Unha fotografía tamaño carné co nome do alumno/a escrito na parte traseira.
  5. Fotocopia do libro de familia da folla onde aparece o nome dos proxenitores e a folla onde aparece o neno ou nena.