try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

Información - Suxestións - Queixas

PROCEDEMENTO A SEGUIR PARA SOLICITAR INFORMACIÓN, FACER SUXESTIÓNS OU PRESENTAR QUEIXAS AO CENTRO

Ante calquera necesidade de obter información, facer algunha suxestión ou presentar algunha queixa ao Centro, os pais e nais deberán seguir o seguinte procedemento:

- Formular a situación ao titor/a correspondente, cando se trate dunha cuestión relacionada coa educación do seu fillo/a.

- De non estar satisfeito coa resposta obtida ou de tratarse dunha cuestión relacionada coa organización e funcionamento do centro, diríxase á Dirección do Centro.

- Se das actuacións anteriores non se deriva unha resposta satisfactoria e persistise a súa discrepancia pode dirixirse á Inspección Educativa ou outros organismos da Consellería de Educación.

 

No caso de que consideren o problema urxente e non poidan ser atendidos polo titor/a, poderán solicitar ser atendidos directamente polo director/a ou, de non ser posible, polo xefe/a de estudos ou o secretario/a.