try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

O ENTe - Equipo de Novas Tecnoloxías

O centro, dentro da súa oferta educativa, mantén unha clara liña de integración das tecnoloxías da información e a comunicación nos seus diversos proxectos e no que facer diario das aulas.
Entendemos o emprego das novas tecnoloxías como un recurso máis, entre todos os que dispón o centro, intentando que os nosos alumnos e alumnas se formen de acordo coas novas necesidades que a sociedade demanda.
Principais tarefas:    
A principal tarefa de ENTe é a de promover o emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación entre toda a comunidade educativa, dando para elo o apoio técnico, metodolóxico e pedagóxico preciso.

Ademáis nos "encargamos" de:  

  • Matemento da intranet educativa do centro
  • Apoio técnico e metodolóxico do diverso software educativo, ofimático e de xestión.
  • Composición e maquetación da revista do centro " Tixosa".
  • Apoio técnico e metodolóxico ós proxectos dos outros equipos de traballo do centro.
  • Mantemento desta web.
  • Mantemento da Aula Virtual e os servizos web que o centro ofrece á Comunidade Educativa.

               
Proxectos:    

A parte das tarefas sinaladas, neste curso prentendemos desenvolver os seguintes proxectos:

  • Mantemento do servidor da intranet educativa.
  • Elaboración de actividades "on-line" para as diversas áreas do curriculo.
  • Contacto e colaboración con outros centros.
  • Convivencia de "Aula de informática" - "Informática na aula".