try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

18-20 DE DECEMBRO:OBRADOIRO REPOSTARIA CREATIVA DO NADAL

04/12/2023 08:39
22/12/2023 08:39

18-20 de decembro:OBRADOIRO DE DOCES POLO NADAL

Prezadas familias:

Informamos que os próximos 18-20 de decembro do 2023 de 16:15-17:45h  está programada unha actividade de cociña creativa da man de de Delish Bakes Reposteria Creativa dirixido a todo o alumnado de primaria  que desexe participar. 

Este obradoiro impartirase en fala inglesa adicado ao Nadal  entre as 16:15h e as 17:45h, no comedor e/ou Sala de Usos Múltiples do colexio.

Sinalamos algúns dos obxectivos deste Obradoiro son:

  • Fomentar o traballo en equipo (terán que colaborar e axudarse mutuamente).
  • Romper cos estereotipos e roles de xénero (Todos cociñamos, todos limpamos por igual)
  • Practicar e reforzar a fala inglesa.
  • Aprender a leer e interpretar unha receita.
  • Ampliar coñecementos sobre as nosas costumes e sobre outras culturas nesas datas sinalada.
  • O custo da actividade é de 20 €/nen@.

Xa sabedes que o saber non ocupa lugar...Invitamos a todos os nenos e nenas a que asistan a este obradoiro.

Por iso, a todos os interesados/as, contactedes connosco a través de :

  • Telefono: 650 199 162
  • Email: anpapalmeira@hotmail.com

Saúdos,a Xunta Directiva da ANPA.