try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

Comedor Escolar

       Horario de 14:00 h ata as 16:00 h

          Teléfono da ANPA: 650199162

       ANPA: anpapalmeira@hotmail.com

 

O Comedor Escolar do noso Centro está xestionado integramente pola ANPA do colexio. O Centro só cede as instalacións e a ANPA é a responsable do coidado dos nenos/as que utilizan o comedor. Para a utilización deste servizo deberánse poñer en contacto coa ANPA, podendo asistir todos os días ou de xeito esporádico.

Os menús están deseñados por expertos nutricionistas e aprobados pola Xunta de Galicia polo que garanten o aporte óptimo de nutrientes para unha dieta equilibrada adaptado á idade dos nenos e nenas. Tamén se teñen en conta as circunstancias especiais que poidan ter algúns nenos ou nenas: alerxias...

As tarifas para este curso son de 5.90 € para os nenos e nenas que utilizan o servizo con carácter fixo (se saímos agraciados coas axudas para as ANPAs xestoras dos comedores escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o prezo será subvencionado pola ANPA quedando en 5,40€/menú) e de 7,00€/día para os comensais esporádicos. Farase un 10% desconto para irmáns.)


A empresa de catering José Fajardo - Grupo Chicolino é a encargada deste servizo no noso centro.

 

 Normativa do Servizo de Comedor 2023-2024