try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

21 DE DECEMBRO: I GRAN COTILLON no CEIPP de Palmeira

06/12/2023 09:19
23/12/2023 09:19

21 DE DECEMBRO: I GRAN COTILLÓN DE FIN DE ANO

Prezadas familias:

Informamos que o vindeiro XOVES 21 DE DECEMBRO celebraremos co noso alumnado e profesorado o  I GRAN COTILLÓN DE FIN DE ANO con música e festa.

Celebrarémolo coas badaladas das 12h e para que nos traia sorte a todos/as solicitamos a vosa colaboración co fin que lle poñades aparte da merenda, algún alimento que o neno/a poida tomar como: uvas pequenas, amorodos, arándanos, uvas pasas, gusanitos, galletas salgadas etc... para garantir que todo o alumnado o tome sen perigo de alerxia/ intolerancia.

Ademais, quen, así o desexe, vestirá roupa e accesorios de Nadal/ de gala.

A festa será un momento de compartir co noso alumnado eses momentos de alegría no cambio de ano. En caso de dúbida, contacten co centro.

Atentamente, a Dirección.