try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

25-31 DE OUTUBRO:EXPOSICION " TERROR NO BOSQUE"

18/10/2023 20:32
31/10/2023 20:32

25-31 DE OUTUBRO: EXPOSICIÓN "TERROR NO BOSQUE"

 

Prezadas familias:

Informamos que a partir do 25 de outubro todas as familias interesadase  toda a comunidade educativa  poderán achegar ao centro os traballos  do outuno ou Samain  co fin de celebrar esta festividade asi como o outono. 

Por este motivo, convidámosvos a participar na EXPOSICION DUAL “TERROR NO BOSQUE” no que poderedes presentar algunha manualidade sobre:

  1. Composición con froitos, follas, castañas, ourizos,...e o que  poidades atopar na natureza.
  2. A cabaza de Samaín
  3. ou ambas para aqueles que o desexedes.

Para isto, abriremos a exposición do outono a partir do 25 de outubro e a de cabazas, por mor da súa durabilidade, o dia 30 de outubro.

O martes, dia 31 de outubro entre as 16-18h abriremos as exposicións tanto no interior como no exterior do centro  a de Samain, se o tempo o permite, senón farase nos corredores e patio cuberto.

As cabazas poderán recollerse a partir das 18h ou ben serán devoltas o dia 2 de novembro.A exposicion do outono manterase aberta no centro ata mediados de novembro.

Saúdos, a Dirección