19 DE NOVEMBRO DO 2022
"XOGAR E APRENDER EN GALEGO, MOLA!"
Prezadas familias:
Informamos que seguindo coa programación do Centro Cultural Lustres Rivas e co fin de promover o uso e transmision do galego nas familias invitamos a toda a comunidade educativa que nos acompañe á actividade que se vai celebrar :
TITULO: “Xogar e aprender en galego mola”. Rede de Dinamización Lingüística
DATA: sábado 19/11/2022
HORA12.00 h
LUGAR: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira
“Xogar e aprender en galego mola!” é un espectáculo participativo con música, xogos, concursos e moita diversión, co que promover o uso da lingua galega entre os nenos e nenas promovido da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, fondo de proxectos culturais TeCe Redes en galego.
“A miña familia é a mellor” e “Somos familia” son as propostas coas que gozaremos dunha magnífica xornada na que aprender e xogar.
Ao remate do espectáculo haberá, como xa é costume, reparto de regaliños para os nenas e as nenas que nos acompañen na mañá do sábado.