24 DE OUTUBRO 2022
CHARLA " DOCENTE E FAMILIAS COEDUCADORAS. EDUCAR E CRECER EN IGUALDADE" NO CEIPP DE PALMEIRA
Estimadas familias:
Informamos que o vindeiro luns 24 de outubro, ás 16:00h, na Sala de Usos Múltiples do CEIPP de Palmeira, cunha duración de 2h, as familias e os docentes teremos un obradoiro de formación pola Igualdade “Familias coeducadoras. Educar e crecer en igualdade” impartido por Mercedes Urbiola.
Contaremos cun SERVIZO gratuíto de ATENCIÓN AOS MENORES mentres dure o obradoiro.