try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

CELEBRACIÓN 8 DE MARZO 2022: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Estimadas familias:

Con motivo do Día Internacional da Muller, o vindeiro día 8 de marzo, dende o CEIP Plurilingüe de Palmeira queremos celebralo coas nosas mulleres: mamás, avoas, tías, primas… e farémolo escoitando as súas historias!

Seguindo coa temática da nosa biblioteca escolar “De Palmeira para o mundo” pedímosvos que nos enviedes un pequeno vídeo onde nos faledes sobre a vosa relación co pobo de Palmeira e con outros lugares.

A continuación tedes un pequeno guión que vos pode axudar na elaboración do vídeo:

  • A gravacion será en horizontal.
  • Presentación: (quen son? Mamá/avoa/tía de…, de onde son? Onde vivo?)
  • O lugar que máis me gusta de Palmeira ou do mundo (algún recordo da infancia?)
  • Lugares que visitei, ou a onde viaxei. (anécdotas?) 
  • Lugar ou lugares que me gustaría visitar. 
  • Despedida

O vídeos pódense enviar ao whatsapp do teléfono móbil do centro: 620 196 720  ao longo da seguinte semana (do 7 ao 11 de marzo) ou ben ao email: ceip.palmeira@edu.xunta.gal.

Os vídeos serán empregados  con carácter educativo e serán visualizados na TV da entrada do colexio para que todo o alumnado coñece as experiencias das mulleres da nosa comunidade educativa.

Grazas pola vosa participación e bo Día da Muller!!

Os Equipos de EDLG e Tixosa Filmes.