try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

CONCELLO DE RIBEIRA: AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS CURSO 2022-2023

 

 

Estimadas familias:

Informamos que dende o día 24 de agosto ata o 14 de setembro do 2022 estará aberto o prazo para solicitar as axudas municipais de libros, material escolar e comedor destinados a alumnos/as dos centros docentes públicos e concertados de educación infantil, educación primaria e secundaria para o curso académico 2022-2023 dirixidas a familias do Concello de Ribeira.

Podedes acceder á noticia ao completo a través deste enlace, premendo aquí ou ben a través das seguintes enlaces de descarga:

Anexos a cubrir:

 Por outra banda, detallamos os requisitos para os posibles beneficiarios  (aos que poderán optar a estas subvencións as persoas que reúnan as seguintes condicións) :

a) Que a unidade familiar de convivencia estea empadroada no Concello de Ribeira.

b) Convivir cos/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas.

c) Que os/as alumnos/as para os que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula

en centros públicos ou concertados, en segunda etapa de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo e forma legal establecido.

e) Que os centros educativos para os que se solicita a axuda estean situados no termo municipal de Ribeira.

f) Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 100% do IPREM en termosanuais (8.106,28 euros)

Sendo reforzadas para as situacións de:

    • Alumnos e alumnas en situación de acollemento familiar.
    • Familias Numerosas 
    • Situación de violencias de xénero 
    • Familias monoparentais 
    • Persoas beneficiarias valoradas con discapacidade 
    • A conciliación laboral-familiar para a concesión de axudas de comedores escolares. 
    • Familias con menos ingresos.

Saúdos, a Dirección