Escolares

Magosto

Hoxe celebramos o magosto na escola. Tivemos xogos populares, comemos castañas e tamén chocolate. Preme na imaxe para ver as fotos

Samaín-Halloween

Onte celebramos o Samaín na escola. Decoramos os corredores, as cabazas, froita terrorífica, e fixemos un pequeno concurso de relatos e de debuxos. Cada concurso tivo o seu gañador. Preme no vampiro para ver as fotos!

Saída a por Cogumelos en Cortegada

Esta pasada semana fomos por os arredores de Cortegada a buscar cogomelos. Atopamos un montón, comemos ao carón do río Miño e paseamos por as beiras do mesmo. Preme na imaxe para ver as fotos que sacamos

Benvidos ao curso 2014-2015

Benvidos ao novo curso escolar 2014-2015. Deixámosvos o calendario escolar para este curso

Charla da Garda Civil

Este venres, a Garda Civil acudiu ao noso cole. Fixeron unha demostración cos cans, e montamos nas súas motocicletas. Despois, pais e nais, e o alumnado de 4º, 5º e 6º tiveron unha charla sobre malos tratos e outros temas de interese.

Preme na imaxe para ver as fotos do día.

Powered by Drupal - Design by artinet