Escolares

Ponlle as pilas ao teu bocata

Un novo programa concedido ao CEIP OTERO NOVAS neste curso 2013-2014. Realizarase no 2º trimestre.

 


Contacontos

Hoxe, martes 19 de novembro recibimos a visita do contacontos. Contounos unha historia moi divertida e fixemos algún que outro xogo. Se queres ver todas as fotos que sacamos preme aquí.

 


 


 

Samaín-Halloween

O mércores 30 de outubro vimos de celebrar o Samaín no cole. Fixemos o truco ou trato, festas nas clases, lemos relatos de terror, entregamos premios aos mellores relatos, debuxos e tamén ás pedras máis terroríficas. Tamén vimos unha peli de medo...

 

Fai click aquí se queres ver todas as fotos do día

Cine en 3D-Leiro

O pasado Luns 28 de outubro fomos a ver a película de "Turbo" a Leiro, en 3D, e pasámolo xenial!

Preme aquí para ver as fotos na galería de imaxes

Powered by Drupal - Design by artinet