Campo a través o xoves 23

O xoves 23 será finalmente a actividade de campo a través, xa que a previsión do tempo é moi adversa para mañá martes.

Saúdos

Charla de Sogama

Esta semana visitáronnos o martes e déronnos unha charla para a reciclaxe. Todos e todas recibimos un agasallo. Preme na imaxe se queres ver as fotos


Campo a través en Ribadavia

O vindeiro martes 21 celebraremos en Ribadavia a actividade de campo a través, que inicialmente estaba prevista para o 16 de xaneiro. Esperamos pasalo en grande!

 


Ata o ano que ven!

Despedímonos por este ano con este vídeo visionado no festival de Nadal! Esperemos que recuperedes forzas e vémonos o 9 de xaneiro nas aulas!! Feliz 2014

Powered by Drupal - Design by artinet