Novas do Deporte Escolar

O campo a través provincial, transládase ao 22 de febreiro debido á climatoloxía.

 

Por outra banda, no Multideporte, estrenarémonos este ano contra o CEIP de Castrelo de Miño, o xoves 20 de febreiro.

Esperamos pasalo moi ben

Día da PAZ

Onte celebramos o día da paz. Aprendemos moito sobre Nelson Mandela e outros persoeiros que traballaron pola PAZ. Tamén lemos todos e todas o que significa para nos a PAZ. Se queres ver as fotos preme aqui

 

Torneo de Baloncesto

Hoxe comezamos o torneo de básket, preme aquí para máis información

 

Campo a través en Ribadavia

O pasado xoves 23 de xaneiro celebramos a fase comarcal do campo a través e obtivemos 3 medallas. Preme na imaxe para ver todas as fotos

 


Ponlle as pilas ao teu bocata

Este luns 17 de xaneiro viñeron a darnos unha charla ao cole sobre os produtos do mar en conserva, aprendemos moitas cousas, agasalláronnos a todas e todos e comemos un delicioso e saudable bocata! Se queres ver as fotos e o ben que o pasamos preme na imaxe

 


 

Powered by Drupal - Design by artinet