blogue deanxostar

Os sete irmáns chineses.

Por petición popular subimos o enlace ao conto que narraron os alumnos de infantil.

"Os sete irmáns chineses".

Esperamos que vos guste!

Pica no enlace: AQUÍ. 

Os sete irmáns chineses – OQO

Contacontos Raquel Queizás.

A gran Raquel Queizás fixo desfrutar a todos os nenos do cole con varios contos de Igualdade.

Mestres e nenos escoitamos e participamos atentamente duns contos moi divertidos e que nos fixeron pensar sobre a igualdade.

Gracias por vir Raquel!!

Entroido 2022!!

Estimados pais.

Este curso celebraremos o Entroido como sempre cun chocolate quente no patio ás 12:00h e un posterior desfile de disfraces pola vila de Cortegada. Estades invitados a acompañarnos se queredes!

Deixamos unha pequena mostra do que fixemos durante esta semana.

 

 

 

Renovación Parcial do Consello Escolar.

En cumprimento da Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG n° 188, do 29 desetembro de 2021), da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, polaque se estableceo calendariopara a celebraciónde elecciónsde membrosdosconsellosescolaresdecentrosdocentessostidosconfondospúblicos,correspóndelle a este centro a renovación de dous representantes de pais/nais dealumnos/as.

 

Samaín 2021

Queridos pais:

Como todos os anos celebraremos o Samaín.

Queremos que todos os nenos e nenas veñan disfrazados de forma terrorífica ao colexio o venres 29 de outubro.

Faremos cousas moi divertidas como cantar cancións, teremos comida especial, fotos de terror, concurso de cabazas, etc.

Todos os que traian cabzas participarán nun soreto de Samín organizado pola ANPA do CEIP OTero Novas.

Esperamos a vosa colaboración!

Powered by Drupal - Design by artinet