Skip to Content

Actividades

Sobre Extraescolares

Asomámonos novamente por esta xanela, para comunicarvos que, as actividades extraescolares que neste primeiro curso 2020-2021 estanse a des enrolar no noso cole, seguirán tendo lugar hasta finais do mesmo. 

Para calquera dúbida, podedes dirixirvos ó responsable da actividade. 

Se tedes algunha outra consulta, estamos a vosa disposición na conta de correo da asociación info@anpamontedomuino.es

 

Un saúdo. 

 

ANPA Monte do Muiño.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Desde  Serocio, preséntannos a súa proposta de excursión Fin de Curso 2020/2021 para que todos os nenos de 6º EP poidan pechar esta etapa de maneira inesquecible e gozar dos seus amigos do cole da súa última experiencia antes de empezar a nova a súa etapa de instituto. 

Dada a situación na que nos atopamos adaptaron a súa viaxe para poder facelo da maneira máis segura posible. 

Toda a información está nos documentos anexados máis abaixo.

Calquera dúbida, poñervos en contacto con  SerOCio, a través do seu  mail serociotl@gmail.com ou no teléfono 633 72 89 31. 

Lembrámosvos que esta actividade non está organizada nin polo centro nin polo Anpa. Neste caso, vos só vos trasladamos a información dun colaborador porque pensamos que pode ser de interese para os alumnos. 

 

CAMPAMENTO DE VERÁN

¡Ola familias!
 
Hoxe, os nenos do campamento de Semana Santa, disfrutaron do seu último día. Pois ben, xa estamos quentando motores e temos aquí duas novas propostas para este veran que desexamos teñan tanto éxito ou máis.
 
¡Non o dubidedes!, os nenos disfrutarán dun veran cheo de diversión e novas experiencias. 
 
 
  

NOVAS PROPOSTAS DE ENGLISH CLUB

¡Ola familias!

 

Deixámosvos  aqui unha proposta da empresa  English Club para os alumnos de primaria.

Tedes toda a  informacion no cartel abaixo.

Moitas Grazas

Un saúdo

Anpa Monte  do  Muiño

  ⬇️podedes descargar toda a  información no arquivo adxunto que se atopa abaixo⬇️

 

EXTRAESCOLARES- ENTRADAS E SAÍDAS

Ola familias!

 

   Asomámonos para lembrarvos as normas de recollida dos nenos e nenas que acoden ás actividades extraescolares e o servizo de comedor.

 

   * Os pais esperarán aos nenos e nenas na porta de acceso que está na beirarrúa da Rúa Fragas do Eume, na parte exterior do valo do centro.

   * En caso de choiva, os pais baixarán a recoller ou deixar aos nenos e nenas polas escaleiras situadas na devandita porta, e subirán pola rampla, a fin de realizar o circuíto marcado polo Protocolo Covid do centro e do Anpa.

   * EN NINGÚN CASO PODEN OS PAIS ACCEDER AO INTERIOR DO CENTRO; no caso de que se producise algún esquecemento de material, etc... comunicarase por mail aos encargados da actividade ou ao Anpa co fin de que sexa devolta no seguinte día de actividade.

 

   Todo iso debe realizarse respectando as medidas de distancia establecidas e sen amontoarse en grupos, co fin de que poida ser áxil e fluído.

 

  Calquera dúbida, como sempre, ao mail anpaceipnovomesoiro@gmail.com

EXTRAESCOLARES 2021

Ola familias!:

 

  Informarvos de que hoxe comezan as actividades extraescolares do segundo trimestre.

   Indicarvos que, nas que imparte a empresa  Serocio, conforme aos Protocolos do colexio, Anpa e da mesma empresa, non é obrigatorio (si recomendable se os nenos queren ou os seus pais atópano adecuado) que os menores de 6 anos leven máscara, xa que deben desempeñar a actividade en grupo burbulla de maneira independente aos maiores.

   Todas as empresas que desempeñasen as actividades teñen un Protocolo adecuado ás mesmas e en consonancia aos do centro e Anpa.

   Calquera dúbida podedes dirixila ao  mail do Anpa.

 

  Un saúdo

CAMPAMENTO

Ola familias!

 

  Informámosvos de que este ano, de maneira excepcional ao estar a comezar a nosa andaina e para que poidades ver o ben que funciona, permítese apuntarse sen límite de prazo ao campamento de Nadal.

 

  Realízase por  Serocio e é necesario anotarse na súa páxina web.

 

  Está aberto a todos os alumnos do colexio, sexan socios do Anpa ou non.

 

  Un saúdo

EXTRAESCOLARES

Ola familias

Desde  Serocio comunicáronnos que seguirán cos grupos e as actividades  durante todo este trimestre.

Para o 2021 irá facilitando a información necesaria coa antelación suficiente para favorecer a conciliación

 

Nueva actividad

Ola familias

Trasladámosvos unha nova proposta de Extraescolares para os nosos asociados.

Ofértase só en liña, polo que é necesario ter conexión da internet e dispositivo para usar durante a actividade. 

 

Con esta nova oferta tratamos de ampliar un pouco o abanico de posibilidades para os nosos  nenos. Aos poucos o mundo virtual faise oco nos nosos fogares e para algunhas familias está a converterse nuns fantástico recursos.

A información sobre esta actividade atoparédela nos dous  ficheiros anexos, un referente a primaria e outro infantil.

Prazo de inscrición: 28-09-2020 ata 16-10-2020

Distribuir contido


by Dr. Radut