Skip to Content

PUBLICACIÓN PROGRAMACIÓNS

No apartado de documentos de centro tedes dispoñibles as programacións da etapa de Educación Infantil e as de 1º,3º e 5º de Educación Primaria

 

As programacións dos restantes cursos tal e como indica a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, poden ser elaboradas ata o 1/12/2023. Polo tanto avisaremos da súa publicación. 

RECOLLIDA VALES DE LIBROS E MATERIAIS

Os vales que non se recollan nesta semana poderán recollerse a partir do día 11 de setembro en horario de Secretaría.

  • Luns e venres: 09:00 a 09:50.
  • Xoves: 13:10 a 14:00.

Lembramos que serán entregados á persoa solicitante da axuda ou a unha persoa adulta autorizada, entregando en secretaría a autorización firmada e fotocopia do DNI da persoa solicitante.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Informamos sobre o horario de atención ao público durante o curso 2023/2024.*Quedará fixo na sección de Secretaría.*

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, FUNCIONAMENTO E CONVIVENCIA

Como todos os anos, deixámosvos un resumo das NOFC do noso centro educativo. Lembrade que unha boa convivencia implica a responsabilidade de toda a comunidade educativa.

 

LISTAXE DE MATERIAL 2023/2024

 

 Ver docs en adxunto!

 

SELO DE VIDA SAUDABLE

Acabamos de recibir o Distintivo de Calidade "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación.

O noso centro aposta por hábitos da vida activa e saudables dende o ámbito da actividade física, alimentación e a educación emocional.

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado luns 19 de xuño celebramos a

Graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Ninguén nos prepara para despedirnos despois de invertir tanto tempo, enerxía e amor no alumnado, pois somos o seu apoio, guías, compañía, as persoas que estamos aquí para escoitalos, aconsellalos... Non é doado despedirnos, pero estamos seguros de que a nova etapa educativa que comezades será marabillosa.

Todo o profesorado quere desexarvos moitísima sorte!!

 

 

 

Rectificación listaxes bolsa comedor curso 2023/2024

Hoxe 28 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, unha rectificación das listaxes de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:

 Taboleiro de edictos  https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18006

 A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

 Amplíase o prazo para a presentación da documentación requirida ata o 12 de xullo, incluído, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut