Skip to Content

Secretaría

Recordatorio recollida de máscaras

Estimadas familias.

Queremos recordarvos hai beneficiarios do fondo máscaras que non viñeron a recollelas ao centro.

Podedes facelo no horario de secretaría: luns (09:05 a 09:50) e xoves (13:05 a 14:00).

Se a persoa solictante non pode acudir, podedes autorizar a outra persoa adulta.

Estamos á vosa disposición para calquer dúbida ou consulta.

Un cordial saúdo.
O equipo directivo.

RECOLLIDA DE MÁSCARAS

HOXE: 3 de Decembro do 2020

PUBLÍCASE NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

As máscaras cumpren co establecidos no apartado cuarto e quinto da Orde SND/354/2020 e UNE0065

 

O horario de recollida das mesmas é o seguinte:

 

 

MÉRCORES 9 DE DECEMBRO:

9:15-10:15 OU DE 13:05-14:00 

PRIMEIRO E QUINTO DE PRIMARIA

 

XOVES 10 DE DECEMBRO:

9:15-10:15 OU DE 13:05-14:00 

SEGUNDO E CUARTO DE PRIMARIA

 

VENRES 11 DE DECEMBRO:

9:15-10:15 OU DE 13:05-14:00 

TERCEIRO E SEXTO DE PRIMARIA

 

A persoa designada para recoller as máscaras, é a mesma que realizou a solicitude do cheque de material.

 

No caso de non poder asistir:

Poderá autorizar a unha persoa para recollida da máscara. Deixamos adxunto un modelo de autorización.

Ao recibir a máscara firmarase un recibín para acreditar a entrega.

A entrega de máscaras realizarase na secretaría do centro.

 

 

NORMAS:

 

- Uso obrigatorio de máscara.

 

- Gardar a distancia de seguridade.

 

- Cando remate unha persoa de recoller a máscara entrará a seguinte, gardando distancias e desinfectando as mas na entrada do centro.

 

CONSELLO ESCOLAR

Tras a última reunión da xunta electoral, realizada hoxe, día 27 de Novembro do 2020 ás 13:00 horas, procédese á proclamación dos candidatos elixidos, dando traslado da copia das mesmas á Xefatura Territorial.

Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince días reclamación perante a Xefatura territorial . A resolución desta poñerá fin á vía administrativa. Tal e como se establece no Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno doscentros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).Corrección de erros, DOG, 03/05; 24/05, e 15/06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril(DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996)

Os respresentantes das familias tras o escrutinio da votación son os seguintes:

CANDIDATURAS ELIXIDAS:
Fernando Toba Alonso: 54 votos
Tamara González Rico: 46 votos
Noemí Rivas Valeiro: 45 votos
Juan Esteban Infante Tenreiro: 45 votos

CANDIDATURAS NON ELIXIDAS:
M.ª Isabel Quintela Pampín: 23 votos

 

REPRESENTANTE ELIXIDA POLA A.N.P.A:

María Ortega Laguna

 

Dende o centro queremos agradecer a vosa participación durante o proceso.

Moitas grazas

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Tendo en conta a ORDE do 6 de novembro de 2020

O alumnado BENEFICIARIO DE MÁSCARAS É

 

- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE).

*INDICAREMOS PROXIMAMENTE CANDO SE ENTREGARÁN AS MÁSCARAS, XA QUE ESTE ALUMNADO NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE

** A persoa que ten que recoller a máscara é a mesma que tramitou o vale de materiais (Poderá firmar unha autorización para que outra persoa as recolla).

 

 

- O alumnado que NON foi beneficiario de material escolar ( TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE) e  cumprir os seguintes requisitos:

  • Familia con renta per cápita igual ou inferior a 6000€.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior o 65%.

AS SOLICITUDES REALIZARÁNSE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO.

A DOCUMENTACIÓN QUE TEN QUE PRESENTAR É:

- ANEXO 1

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

 

- ANEXO 2

Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.  En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Certificado ou volante de convivencia

Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. 

 

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DENDE O 16 DE NOVEMBRO AO 27 AMBOS INCLUSIVE

 

O HORARIO PARA PRESENTAR SOLICITUDES É DE: 13:00 a 14:00 horas de LUNS A VERNES. 

Uso de máscara.

Evitar aglomeracións

Unha única persoa por solicitude. 

 

 

 

 

ABALAR MÓBIL

Comunicamos que xa están actualizados os datos telefónicos de todas as familias do CEIP Novo Mesoiro.

Polo tanto, os que xa coñecedes a aplicación e o seu funcionamento, pedímosvos  que comprobedes que o acceso é  correcto e sen erros.

As familias de 4º de Educación Infantil, na maioría dos casos, é a primeira vez que oídes falar desta aplicación. Por esta razón, deixámosvos este enlace á páxina web corporativa de ABALAR MÓBIL, máis un documento anexo para consultar como descargar a aplicación, como iniciar sesión, como é o seu funcionamento... Tamén un enlace ás preguntas máis frecuentes. 

 

En xeral, a familia que teña  calquer erro ou pregunta sobre ABALAR MÓBIL, non dubidedes en escribirnos un correo electrónico ao centro.

Esta semana, o equipo directivo máis os titores e titoras, enviarán algunha mensaxe de proba ao  grupo  de familias para comprobar que todo funciona correctamente.

 

Un cordial saúdo.

Transporte Escolar

Tal e como vos informaron desde a ANPA, podedes presentar as solicitudes na secretaría do centro cubertas e se enviarán ao Servizo de Recursos Educativos Complementarios. Deixamos os documentos en anexo.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO-LIBROS

Estimadas familias,

Informámosvos de que se acaba de publicar a listaxe provisional de Fondo-libros para os cursos de 3ºEP a 6ºEP. Poden consultar a información no taboleiro de anuncios que se atopa na entrada do centro. (Por cuestións relativas ao Protocolo de Protección de Datos, non se fará unha publicación a través da páxina web).

Comunicarvos que existe un período de 2 días para facer calquera reclamación ao respecto.

Moitas grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut