Skip to Content

AXUDAS FONDO LIBROS 2023-2024

Estimadas familias:

O luns 3 de xullo publícanse as listaxes provisionais do fondo de libros para o próximo curso. Poden consultar estas listaxes no taboleiro de anuncios do centro (ao carón de conserxería) ou ben, de forma electrónica, na aplicación fondo libros.

 *Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes.

(3º a 6º E.P.) Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais 4-5 de xullo

(3º a 6º E.P.) Publicación das listaxes definitivas6 de xullo

Entrega de vales: 5-6-7 de xullo.

 

O horario de consulta e recollida de vales durante estes días no centro será de 10:30 a 12:30

 

*Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerse a partir do día 1 de setembro.

*Lembramos que só serán entregados os vales á persoa solicitante da axuda.

Se algunha persoa non pode recoller os cheques no plazo establecido e non quere esperar a setembro pode enviar a unha persoa adulta autorizada, entregando en secretaría a autorización firmada e fotocopia do DNI da persoa solicitante.

*Os libros serán entregados polos titores/as ao comezo das clases.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo.



page | by Dr. Radut