Skip to Content

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.

 

Ata o momento de publicar o presente documento, o Ministerio de Educación non ten aínda publicada norma algunha, tal como se lle ten requirido desde a Comunidade Autónoma de Galicia, que permita aplicar, con seguridade xurídica, a toma de decisións no actual contexto, en relación con aspectos regulados en normativa básica, tales como os criterios de promoción e titulación do alumnado.

 

A situación sanitaria continúa obrigando ao mantemento do estado de alarma e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, consciente da necesidade de xerar seguridade na comunidade educativa, traballa para que o dereito á educación, baseado nos principios de equidade e igualdade de oportunidades, siga vixente.

 

A Consellería de Educación tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.

 

Namentres, cada un desde as nosas responsabilidades, con lealdade e de forma coordinada, seguiremos traballando para saír xuntos desta pandemia, sen deixar a ninguén atrás.

 

MEDIDAS A ADOPTAR AO INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

CUALIFICACIÓNS DA SEGUNDA AVALIACIÓN. Acceso mediante a aplicación ABALARMÓVIL.

 

 

 

Estimadas familias :

 

Dado a situación extraordinaria que estamos a vivir temos a necesidade de continuar de algunha maneira o calendario escolar, facendo durante estos días de confinamento a segunda avaliación.

 

Pedimos que descarguedes a aplicación “AbalarMóvil” para poder recibir o boletín de notas dos vosos fillos e fillas que poderedes consultar desde o día 2 de Abril ás 14:00 horas.

 

Podedes seguir as indicacións que vos deixo a continuación e si tedes algún problema non dubidedes en chamar ao centro: 982870273

 

Moito ánimo e sorte para todos/as!

 

A Directora

 

Teresa Rivera Rodríguez

 

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_fami...

Información sobre "Aprendemos na casa"

O Ministerio de Educación E FP e RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais.

Para máis información premede no documento adxunto

 

Saúdos

http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200321-mefprt...

Recomendacións COVID19

Deixamos unhas recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19.

Para velo premede no documento adxunto.

Saúdos

Tradescola

O mércores tivemos a visita dos profes da Tradescola, unha escola de música tradicional galega de Lugo. Viñéronnos ensinar os instrumentos, as danzas e moitas cousiñas da nosa música. Pasámolo xenial!!

Álbum: Sen categoría -> Tradescola

Día de Rosalía

O día 24 de febreiro foi o día de Rosalia de Catro. Para celebralo, recordamos un pouco a súa vida e recitamos os seus poemas. Gústanos moito Rosalía!!

Álbum: Sen categoría -> Día de Rosalía 2020

Muralla Rugby Club Lugo

Onte tivemos unha visita moi especial: as xogadoras do Muralla Rugby Club Lugo!!!

Deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos

Álbum: Sen categoría -> Muralla Rugby Club Lugo

ENTROIDO 2020

Deixamos as fotos das actividades que fixemos ao longo da semana pasada para celebrar o Entroido!

Álbum: Sen categoría -> Entroido 2020

Xa chegou o día da Paz

O día 30 de Xaneiro, coma tódolos anos, celebramos o día da Paz.

Comezamos a día da mellor maneira posible: regalando apertas!! Despois fixemos un mural entre tódolos nenos e nenas do cole, aportando cada un a nosa gotiña con unha mensaxe de Paz. Tamén vimos a peli "Mía y el León Blanco" y cantamos la canción "Xa chegou o día da Paz" de Pablo Díaz.

Álbum: Sen categoría -> Paz 2020
Distribuir contido


by Dr. Radut