Skip to Content

COMEZO DE CURSO

O día 9 de setembro comezamos o curso 2021/ 2022 no horario habitual de 9:00 a 14:00 horas.

Recordamos que as entradas e saídas do alumnado de Infantil e Primaria seguirán sendo escalonadas, respectando as quendas establecidas no curso anterior:

ENTRADAS:

- 8:50- Alumnado procedente do Transporte Escolar.

- A continuación, entrará paulatinamente o resto do alumnado ata as 9:00. 

 

SAÍDAS:

- 13:45- Alumnado de Educación Infantil.

- 13:50- Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

- 13:55- Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

- 14:00- Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS COAS FAMILIAS

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2021- 2022

Xornada de portas abertas

Queremos que coñezades a nova biblioteca e, por iso, organizamos unha xornada de portas abertas o vindeiro luns día 28 de xuño de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 17:30.

Agardámosvos!!!

Álbum: Sen categoría -> Xornada portas abertas biblioteca

FIN DE CURSO 2021

Outro curso que remata! Desexamos que pasedes moi bo verán! Vémonos en setembro!

Álbum: Sen categoría -> FIN DE CURSO 2021

UN DÍA DE AVENTURA

Deixamos as fotos da excursión de fin de curso do alumnado de 5º e 6º.

Álbum: Sen categoría -> Excursión 5º e 6º 2021

Paco Nogueiras

Que ben o pasamos o día que nos visitou Paco Nogueiras con motivo da celebración do Día Das Letras Galegas!

Álbum: Sen categoría -> Paco Nogueiras

VISITA Á GRANXA GRIXEIRA

Deixamos as fotos da nosa visita á Granxa Grixeira. Pasámolo xenial e aprendemos moito. Moitas grazas Zeltia e Pepe polas vosas explicacións e polo voso tempo! 

Álbum: Sen categoría -> Granxa Grixeira

DÍA DO LIBRO

Este ano conmemoramos o DÍA DO LIBRO cun TROCALIBRO. Cada neno/a do cole trouxo un libro para intercambiar con un compañeiro/a. Debido á situación sanitaria e para respetar tódalas normas, o alumnado trouxo os libros a comezos de semana para poder deixalos en corentena antes de realizar a actividade.

Álbum: Sen categoría -> DÍA DO LIBRO 2021

PASAPORTE LECTOR

Xa temos os nosos Pasaportes Lectores da BiblioTina! Cantos máis libros, contos, cómics...leades, antes descubriredes as sorpresas que nos ten Tina preparadas!

Álbum: Sen categoría -> PASAPORTE LECTOR

HORTO ESCOLAR

Esta semana comezamos os traballos para poñer en marcha o noso HORTO ESCOLAR. Pasámolo xenial construindo os bancales, abonando e facendo os semilleiros de fresas, leituga e tomates cherry.

Álbum: Sen categoría -> HORTO ESCOLAR
Distribuir contido


by Dr. Radut