Skip to Content

COMEZO CURSO 2020/2021

DATA DE COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020/2021

Xoves 10 de setembro: 4º, 5º de E. Infantil, 1º, 2º, 3º de E. Primaria

Venres 11 de setembro: 6º de E. Infantil , 4º, 5º, 6º de E. Primaria

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020/21

LIBROS DE TEXTO . CURSO 2020/21

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Unha vez publicadas as Instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informámoslles do seguinte:  

O profesorado revisará as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do terceiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alumnado. Estas actividades poderán ser de recuperación, repaso, reforzo e ampliación. Tamén adaptará os criterios de avaliación e cualificación que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres do curso, así como as actividades de reforzo, recuperación e ampliación do 3º trimestre, sempre e cando beneficie o alumnado.  

O alumnado con materias suspensas (1º e 2º trimestre) deberá realizar as tarefas ou probas que o docente lle encomende para poder recuperalas. 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021.

Orde 12 de maio de 2020. DOG do 19 de maio de 2020

 DESTINATARIOS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: 3º, 4º de Educación Primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 1º , 2º de Educación Primaria e Educación Especial.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en Educación Primaria

ORIENTACIÓN ACADÉMICA : O PASO DA EDUCACIÓN PRIMARIA Á ESO

As etapas de transicións e cambios, polo xeral , sempre son momentos algo difíciles e problemáticos para os nenos/as, sobre todo cando estes son mais pequenos. Pero lonxe de considerar as transicións como momentos complicados, o que se debe facer é utilizalas como oportunidade para que o alumno/a se adapte á diversidade e aprenda a enfrontarse as novas situacións. 

No seguinte link do blog do Departamento de Orientación atoparedes un vídeo cun audio explicando os cambios máis importantes do paso da Educación Primaria á Educación Secundaria Obrigatoria. 

https://ocurrunchodaorientadora.blogspot.com

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

 

Restablécese o prazo iniciándose o día 11 de maio e rematará o día 18 de maio.

 

DEBERÁN FACER A SOLICITUDE:

  • Alumnado que inicie a escolaridade o vindeiro curso.

  • Alumnado que cambia de centro

 

  • Atenderemos con cita previa chamando ao número 982 870273

  • Non vos olvidedes traer guantes e mascarilla.

 

 

 

 

NOTA INFORMATIVA

Estimados pais/nais/titores:

Aquelas familias que non dispoñan de medios electrónicos nos seus fogares para imprimir o material didáctico deberán comunicalo ao centro chamando ao número de teléfono 982870273 ou enviando un correo electrónico a seguinte dirección: ceip.muimenta@edu.xunta.es . O colexio encargarase de facelo e entregalo ás familias.

En caso de que o colexio non poda realizalo enviaríaselle ao Concello de Cospeito que sería o encargado de levalo directamente á dirección familiar que consta nos rexistros do centro.

Moitas grazas.

Un saúdo

A Directora

Teresa Rivera Rodríguez

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.

 

Ata o momento de publicar o presente documento, o Ministerio de Educación non ten aínda publicada norma algunha, tal como se lle ten requirido desde a Comunidade Autónoma de Galicia, que permita aplicar, con seguridade xurídica, a toma de decisións no actual contexto, en relación con aspectos regulados en normativa básica, tales como os criterios de promoción e titulación do alumnado.

 

A situación sanitaria continúa obrigando ao mantemento do estado de alarma e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, consciente da necesidade de xerar seguridade na comunidade educativa, traballa para que o dereito á educación, baseado nos principios de equidade e igualdade de oportunidades, siga vixente.

 

A Consellería de Educación tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.

 

Namentres, cada un desde as nosas responsabilidades, con lealdade e de forma coordinada, seguiremos traballando para saír xuntos desta pandemia, sen deixar a ninguén atrás.

 

MEDIDAS A ADOPTAR AO INICIO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30809

Distribuir contido


by Dr. Radut