Skip to Content

ANPA

Novas da ANPA

A ANPA do CEIP plurilingüe de Monterroso é unha asociación sen animo de lucro formada polas nais, pais ou titores legais das nenas e nenos que estudan no centro educativo. Entre as labores da ANPA están as seguintes:

 

·         Formar parte do consello escolar (órgano de goberno do colexio onde se tratan todos os temas relacionados co centro educativo).
·         Informar ás familias dos temas tratados pola ANPA no consello escolar. 
·         Pertencer e participar nas iniciativas da FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público de Lugo). 
·         Organizar actividades extraescolares, festas de fin de curso, talleres formativos para os nen@s e as familias, excursións ….  
·         Coordinarse con outras ANPAS. Traballamos conxuntamente coas anpas de Antas de Ulla, Palas de Rei, Friol, Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo, formando o grupo que denominamos ANPAS LUGO SUR. Dende este curso demos a posibilidade de facer actividades noutras asociacións da contorna sempre e cando sexan socios/as da anpa orixinaria e teñan pagada a cota do seguro de accidentes.

 

As vantaxes para os socios son as seguintes:

·         Formar parte dunha asociación cuxos obxectivos e velar polos intereses dos nosos fillos e fillas. 
·         Poder participar en tódalas actividades organizadas pola ANPA (extraescolares, festas, excursións….)
·         Ser beneficiario de descontos que fan os comercios da zona polas compras efectuadas polas familias socias da ANPA. 
·         Ter información de todo o acontecido no centro educativo así como actividades propostas por outras ANPAS da zona.

 

A ANPA somos todos as familias, así que asóciate e forma parte da comunicade. So tes que cubrir o seguinte formulario.

 

https://forms.gle/kwuWQxHBL5yvK9rJ6

 

A ANPA do CEIP Plurilingüe de Monterroso dispón para o desenvolvemente da súa labor dunha aula dentro do colexio.

 

Podedes seguir as novidades da ANPA a través da súa páxina de facebook (https://www.facebook.com/anpaceipmonterroso/) e poñerte en contacto na súa conta de correo: anpa.ceip.monterroso@gmail.com ou no teléfono: 613 02 99 63

 

Neste pdf podes ver os comercios colaboradores coa ANPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut