Libros de texto

LIBROS DE TEXTO

Ampliación do período de vixencia dos libros de texto. ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares. (DOG  30/05/2013).

 

Curso 2012/13. ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013. (DOG 01/06/2012).

 

Curso 2011/12. ORDE do 13 de maio de 2011 (1º, 2º, 5º, 6º de EP, 1º e 3º de ESO, E.E.) (DOG 31/05/2011).

 

Reposición de libros de texto. ORDE do 18 de maio de 2011 pola que se convoca e regula o programa de reposición de libros de texto e materiais curriculares nos centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2011/2012, nos niveis de 3.º e 4.º de educación primaria e 2.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria para as materias que non cambian de idioma, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza. (DOG 31/05/2011).

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e outros materiais didácticos que cambien de idioma. ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 3.º e 4.º de educación primaria e en 2.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria. (DOG 31/05/2011).

 

Distribuir contido