Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

 

A Xunta de Galicia ven de convocar as axudas para  o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o Curso  2022/23. (ORDE do 29 de abril . DOG Núm. 95 do 18 de maio de 2022.)

  • PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: iniciarase o  19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)

 

  •  PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

NO CASO DE PRESENTALAS NO CENTRO TERÁ QUE FACERSE UNICAMENTE EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 13-14h.

 

 

  •  DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

c) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

IMPORTE DAS AXUDAS

 

Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:

 

  • alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros.
  • alumnado con renda per cápita familiar de 6.000 € a 10.000 €:  4 libros .

 

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educacion especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado  con discapacidade maior ou igual ao 65%  ou con necesidades especificas de apoio educativo (NEAE):

 

 

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €

Renda per cápita familiar de 6.000 € a 10.000 €

alumnado de 1º e 2º de EP

210 €.

140 €.

alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

210 €

140 €.

 

Non depende da renda per cápita da unidade familiar

Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65 % de 3º, 4º, 5º e 6º de EP

275 €

 

 

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP: será de 50 € para:

 

  • alumnado con renta per cápita igual ou inferior a 6000€

 

  • alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

(a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables)

 

               

 

 

 



page | by Dr. Radut