Skip to Content

Convocatoria de axudas para adquisición e fondo solidario de libros de texto curso 2015-2016

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes para adquisición de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016. Este ano hai dúas fórmulas de acceso ás mesmas:

·         adquisición de libros de texto (cursos 1º, 2ºe 4º de E.P.) : prazo aberto ata o 30 de xuño de 2015 (este último incluído).

·         fondo solidario de libros de texto (cursos 3º  de E.P.): prazo aberto ata o 1 de xullo de 2015 (incluído).

                                                                                                                                               Devolución de libros de texto.- Os libros de texto adquiridos con vale do curso 2014-2015 (axudas de libros) polo alumnado matriculado en 3º, 4º e 6º de Educación Primaria, terán que ser devoltos no centro, ben conservados, na semana do 15 ó 19 de xuño (ambos os dous incluídos) para formar parte dun banco de libros do centro.

Igualmente, aquelas familias que non fosen beneficiarias deste tipo de axudas e que voluntariamente desexen achegar ao centro os libros de texto de 3º, 4º, e 6º de Educación Primaria, poderán facelo.

 

Consecuencias da falta de devolución.- A falta de devolución dos libros de texto naqueles casos nos que exista a obriga de facelo, será causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Do mesmo xeito, a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao citado vale.

 

Cursos 5º e 6º.- Estes cursos inmersos no proxecto de libros dixitais EDIXGAL, non terán que pedir as axuda (ao non utilizar libros de texto), pero si no caso de 6º curso, devolver os libros que foran adxudicados mediante o vale  de axuda 2014-2015.

 

Para máis información, consultar as ordes que regulan o proceso da solicitude e adxudicación de axudas, as cales se anexan, onde tamén se poden atopar os anexos de solicitude ou na Secretaría do centro.

AdxuntoTamaño
Axudas libros de texto.pdf924.49 KB
Fondo solidario.pdf702.46 KB
Documentación.pdf233.09 KB


story | by Dr. Radut