Skip to Content

Secretaría

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 2023-2024

Dende o vindeiro 1 de marzo e ata o 20 do mesmo mes estará aberto o prazo para a admisión de novo alumnado para o curso 2023-2024. As solicitudes poderanse presentar na secretaría do centro, na sede electrónica ou a través do seguinte enlace:

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Os impresos de solicitude poderanse recoller na secretaría do centro ou descargar dende o seguinte enlace.

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 886151371.

 

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Calendario de aplicación:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 

Vacantes:

 

 

VACANTES CURSO 2023-2024

CURSO

PRAZAS

PERMANENCIAS

VACANTES

4º Ed. Infantil

25

0

25

5º Ed. Infantil

25

15

10

6º Ed. Infantil

25

21

4

1º Ed. Primaria

25

10

15

2º Ed. Primaria

25

17

8

3º Ed. Primaria

25

18

7

4º Ed. Primaria

25

15

10

5º Ed. Primaria

25

14

11

6º Ed. Primaria

25

18

7

MATRÍCULA 2022-2023

Queda aberto o prazo de matrícula para novo alumnado ata o vindeiro 30 de xuño de 2022. Poderase entregar a documentación na Secretaría do centro. A documentación poderase descargar dende a web do centro (anexo a esta mensaxe) ou recoller na Secretaría da escola.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

    Dende hoxe e ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para solicitar axudas para material escolar do alumnado de primaria. As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica da Xunta, na aplicación Fondo libros ou na secretaría do centro, cubrindo o documento adxunto. A solicitude deberá ser asinada e presentada xunto a unha fotocopia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade ou documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero. Anéxase tamén a convocatoria para a súa consulta.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

 Estimadas familias:

 

Informámosvos que dende o vindeiro 1 de marzo e ata o 21 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2022-2023. A solicitude de praza deberase formalizar cubrindo o AnexoII (ED550B) que se achega como adxunto e entregalo na Secretaría do centro, ou ben utilizando algunha destas vías telemáticas:

Tamén haberá impresos á vosa disposición na secretaría do centro.

 

Recordamos que para aclarar calquera dúbida podedes dirixirvos a:

  • Teléfono da escola: 886151371 
  • Correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal

MATRÍCULA 2021-2022

Queda aberto o prazo de matrícula para novo alumnado ata o vindeiro 30 de xuño de 2021. Poderase entregar a documentación na Secretaría do centro. A documentación poderase descargar dende a web do centro (anexo a esta mensaxe) ou recoller na Secretaría da escola.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

Segundo orde publicada o 6 de maio de 2021, ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

 

  •  O PRAZO PARA AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 22 DE XUÑO DE 2021.

 

  • As axudas están destinadas para o alumnado que cursará educación primaria (de 1º a 6º) durante o vindeiro curso 2020-2021.
  • O alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e fixo a solicitude de reserva para secundaria, deberán presentar a solicitude no centro de destino (consultar páxina web do centro). No caso do centro adscrito documentación e información dispoñible na páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmeanho/ e no teléfono 886 15 13 67.

 

  Como presentar a solicitude? 

  1. Cubrila directamente en sede electrónica. (Procedemento ED330B)
  2. Descargar impreso na páxina web do centro ou sede electrónica para facer a xestión de forma presencial (tamén hai solicitudes a disposición na secretaría do centro aínda que recomendamos non cubrir o impreso na escola para respectar o distanciamento social).

Débese adxuntar copia do libro de familia, ademais da documentación complementaria segundo o caso (enlace)

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2021-2022

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias:

 

Informámosvos que dende o vindeiro luns 1 de marzo e ata o 22 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2021-2022. A solicitude de praza deberase formalizar cubrindo o AnexoII (ED550B) que se achega como adxunto e entregalo na Secretaría do centro, ou ben utilizando algunha destas vías telemáticas:

Tamén haberá impresos á vosa disposición na secretaría do centro.

 

Recordamos que para aclarar calquera dúbida podedes dirixirvos a:

  • Teléfono da escola: 886151371 
  • Correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal

NORMAS DE ACCESO AO CENTRO:

  • Acceder pola porta principal da escola respectando a distancia de seguridade de 2 metros.
  • Para acceder ao edificio timbrar e agardar quenda segundo as indicacións de conserxería.
  • Uso obrigado de máscaras protectoras.
  • Utilizar o xel hidroalcólico antes de realizar a xestión administrativa.

 

 

 

 

PROCEDEMENTO DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

Dende hoxe luns 16 e ata o 27 de novembro iníciase a tramitación do procedemento para a distribución de mascarillas entre o alumnado, segundo a ORDE do 6 de novembro.

  • O alumnado que se beneficiou da axuda de material escolar no actual curso NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

 

  • Tamén poden acceder a esta axuda as familias que cumpran coas seguintes condicións:

    • Familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.
    • Alumnado matriculado en educación especial.
    • Alumnado en tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Adxúntanse os anexos necesarios para a súa tramitación.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2020-2021, PARA NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo para presentar a documentación para a matrícula de novo alumnado (curso 2020-2021). A documentación poderase retirar na Secretaría do centro ou descargar da propia web (Adxunto). O prazo estará aberto ata o vindeiro 10 de xullo (incluído).

Horario: 10:00 -13:00

Axudas para material escolar 2020-2021

Segundo orde publicada o 20 de maio de 2020, ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o vindeiro curso 2020-2021 (Pódese consultar orde no seguinte enlace):

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200519_axudas_libros.pdf

 

  •  O PRAZO PARA AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 19 DE XUÑO DE 2020.

 

  •  As axudas están destinadas para o alumnado que cursará educación primaria (de 1º a 6º) durante o vindeiro curso 2020-2021.

 

  • O alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e fixo a solicitude de reserva para secundaria, deberán presentar a solicitude no centro de destino (consultar páxina web do centro). No caso do centro adscrito IES de Meaño o horario de atención ao público é de luns a venres de 10 a 13 horas (documentación e información dispoñible na páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmeanho/ e no teléfono 886 15 13 67).

 

  • Para facer a solicitude e facilitar o distanciamento social, minimizando o tempo de estancia no centro, poñemos a disposición as seguintes canles de presentación das solicitudes:

 

  1. Cubrila directamente en sede electrónica. (Procedemento ED330B)
  2. Facer a solicitude a través do teléfono do centro: 886151371. Neste caso solicitaranse algúns datos telefonicamente e o solicitante deberá asistir ao centro, con cita previa, en horario de oficina (10 a 13, de luns a venres) unicamente a firmar e presentar a documentación solicitada (libro de familia , nos casos de separación ou divorcio, sentencia xudicial e certificado de discapacidade maior do 33%, de ser o caso, dalgún dos membros computables da familia).
  3. Descargar impreso na páxina web do centro ou sede electrónica para facer a xestión de forma presencial (tamén hai solicitudes a disposición na secretaría do centro aínda que recomendamos non cubrir o impreso na escola para respectar o distanciamento social).

 

AGRADECEMOS A SÚA COLABORACIÓN.

Distribuir contido


by Dr. Radut