Saltar navegación

Avaliación

Autoavaliación do alumnado

Agora que xa remataches a tarefa, ides avaliarvos vos mesmos, para saber se traballastes adecuadamente ou non:

AUTOAVALIACIÓN 
1 2 3 4 5
Comportácheste ben na aula durante a realización da Caza do Tesouro.
Visitaches as ligazóns recomendadas na orde establecida.
Gustouche esta actividade e pasáchelo ben facéndoa.
Escoitaches e respectaches as opinións do teu compañeiro de grupo.
Achegaches ideas pertinentes na posta en común.
Realizaches as tarefas encomendadas nos prazos establecidos.
Esforzácheste na elaboración do traballo.
Revisaches o traballo despois da posta en común e antes de entregalo.
Participaches na decoración da clase coas pombas.
Coidas que lograches adquirir coñecementos sobre a Lagoa de Antela

Baremo:

00 a 29 puntos=mellorable
30 a 39 puntos=ben
40 a 50 puntos=moi ben

Criterios de avaliación das tarefas

Unha vez presentados os traballos na aula, avaliarase:

  • O traballo en equipo: Capacidade do alumnado para levar a cabo a tarefa traballando en grupo.
  • Elaboración do material: Avaliarase tamén o resultado do traballo. 
MOI BEN (5 puntos) BEN/REGULAR (3 puntos) MELLORABLE (1 puntos)
TRABALLO COOPERATIVO Amosan respecto polas ideas de cada un e comprométense coa calidade do traballo. Amosan respecto polas ideas de cada un e algúns comprométense coa calidade do traballo. Discuten ou non respectan as ideas dos outros. O traballo non é feito por todos os membros do grupo.
PREPARACIÓN Trae sempre todo o material preciso e está listo para traballar. Case sempre trae o material preciso e está listo para traballar. A menudo esquece o material e non está listo para traballar.
USO DE INTERNET Usa todas as ligazóns suxeridas e navega facilmente e sen asistencia. Usa algumhas das ligazóns suxeridas e navega sen problemas. Necesita axuda e asistencia para empregar os enlaces suxeridos.
EXPRESIÓN ESCRITA Frases ben elaboradas e vocabulario abundante. Frases elaboradas e vocabulario adecuado. Frases simples e vocabulario escaso.
ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICA Sen erros gramaticais e ortográficos. Algúns erros gramaticais ou ortográficos. Moitos erros gramaticais ou ortográficos.
CONTIDOS A información é correcta, clara e precisa. Unha gran porcentaxe da información é correcta, clara ou precisa. Hai varios erros na información do traballo.
PRESENTACIÓN É un traballo atractivo.
É un traballo relativamente atractivo.
Non é nada atractivo.
ORGANIZACIÓN Información con títulos, subtítulos e texto moi claros. Información con títulos, subtítulos e texto claros. Información pouco organizada.
PRESENTACIÓN da LENDA Idea orixinal e creativa. Moi ben presentada Ideas moi ben presentadas e orixinais. Lenda pouco orixinal e mal presentado.
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS Emprega todos os contidos traballados no conto da Gran Pregunta. Emprega case todos os contidos traballados no conto da Gran Pregunta. Emprega poucos contidos traballados no conto da Gran Pregunta.

Baremo:

00 a 29 puntos=mellorable
30 a 39 puntos=ben
40 a 50 puntos=moi ben

Licenza: outras licenzas de software libre