Skip to Content

                                                  

CHOCOLATADA E VISITA DE PAPA NOEL

 

O mércores 20, disfrutamos no cole dunha gran chocolatada organizada pola ANPA:

e tamén da visita de Papa Noel.

Ollade que contentos posamos todos:

 

 

 

 

 

 
 

 

 

Podedes ver máis imaxes na galería:

 

CHOCOLATADA E VISITA DE PAPA NOEL

DÍPTICO FESTIVAL DE NADAL

Como xa todos sabedes, mañá terá lugar o tradicional Festival de Nadal no centro. Lembrámosvos que os autobuses recollerán aos nenos/as nas paradas unha hora máis tarde e que regresarán unha hora antes.

Este é o díptico coa orde das actuacións:

 

ESPERÁMOSVOS A TOD@S!

RECOLLIDA SOLIDARIA

 

Un ano máis, o centro colabora co Club Fojeteiros de Narón, na recollida solidaria de xoguetes, roupa e alimentos non perecedeiros. Tedes ata o 21 de decembro para traer todo aquilo que poidades.

ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!!!

 

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Coma tódolos anos, o Concello de Neda, convidou ás clases de quinto e sexto de Educación Primaria á Marcha polo bo trato, pero este ano, debido ao mal tempo, suspendeuse o que era a Marcha pero non así os actos conmemorativos deste día.

As dez e media, xuntáronse na Casa da Cultura cos nenos e nenas tamén de quinto e sexto de primaria do colexio de San Isidro e cos alumnos/as de 1º da ESO do instituto Fernando Esquío, co cal poideron reencontrarse con antigos compañeiros do cole como Martín, David, Lucas, Marta, Iria, Sergio, Manuel,...

Comezaron o acto os nenos e nenas de San Isidro lendo uns fermosos poemas, continuaron os do Instituto cun pequeño relato e unhas alegacións en contra do Maltrato e remataron os nenos e nenas da Maciñeira, desfollando a margarida que estiveron a preparar estes días na clase.


Aquí podedes ler o que poñía cada pétalo:

 
E aquí o video que fixeron nun dos ensaios:
 


Ademais, levaron unhas fermosas pancartas que fixeron por equipos en ámbalas dúas clases:

 

 

 

 

 

Unha vez rematada a participación dos centros educativos, escoitaron unhas palabras de Ana Rosa Pena Barcia, Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade  e despois do alcalde, Ángel Alvariño Saavedra:

 


Continuaron cunha solta de globos negros que representaban as mulleres e nen@s mortos durante este ano:

 
O acto rematou cunha gran chocolatada para tod@s na que no faltou tampouco una rica bola de azucre. Uhmmmmm!
 
 

1ª CHARLA DO PLAN DIRECTOR: OS PERIGOS DE INTERNET

Este luns, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria, recibiron a visita de José Antonio, un garda civil que viño a falarlles dos perigos que podemos atopar en Internet.

Esta charla, encádrase dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Un proxecto que ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías,...

Durante preto dunha hora, José Antonio, faloulles dos perigos das redes sociais, do importante que é non aceptar a ninguén que non se coñeza, de non compartir as contraseñas, de non dar datos persoais,...

Tamén veron estes dous videos que os fixeron pensar un pouquiño:

 

E para continuar informados sobre o tema, deixámosvos esta infografía con dez útiles consellos para a navegación por Internet tanto no ordenador como na tablet ou o teléfono móbil:

MAGOSTO 2017

 O pasado dez de novembro, disfrutamos no colexio da tradicional festa do Magosto. Comezamos ás dez da mañá cun obradoiro de xogos populares organizados por Bea a profesora de Educación Física. Durante aproximadamente dez minutos, cada clase disfrutou de distintos xogos como: o brilé, a buxaina, as chapas, a mariola, os zancos ou o brilé. Pasámolo fenomenal.

Despois, sobre as doce e media, degustamos as ricas castañas e os ricos bocadillos de chourizo con pan de Neda, que esta vez debido á metereoloxía, tiveron que ser asados no forno.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración, proporcionando non só as castañas senón tamén repartindo e facendo os bocadillos e o zume.

Como sempre, podedes ver máis fotos do día na nosa galería de fotos:

MAGOSTO 2017

I CONCURSO OUTONO TERRORÍFICO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca, este ano celebramos no colexio o primeiro concurso "Outono Terrorífico" no que houbo moitísima participación. Tanta que decidiuse elexir un traballo por cada clase en vez de por "Ciclo".

Despois dunha reñidísima votación pois todos os  traballos estaban moi ben feitos, resultaron finalistas: Roque e Inés de E.I. 3 anos, Edgar e Isaac de E.I. 4 anos, Lois e Martín de E.I. 5 anos, Anxo e David de 1º de E.P., Érik e Miriam de 2º de E.P., Nerea e Thais de 3º de E.P., Gabriel e Ainoa de 4º de E.P., Yago e Adrián de 5º de E.P. e Gabriel e Andrea de 6º de E.P.

E finalmente resultaron gañadores: Roque, Edgar, Lois, Anxo, Érik, Nerea, Ainoa, Yago e Andrea:

Os traballos gañadores xa están expostos no corredor principal do centro e aquí volos deixamos para que poidades ver o ben que traballaron tod@s:

 

Noraboa a tod@s, tanto finalistas como gañadores!!!!!
 
Cada un dos participantes no Concurso , recibiu este diploma acreditativo da actividade:

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 
O pasado 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio. Todos os nenos e nenas que quixeron viñeron disfrazados para a ocasión.


3/4 anos:


5 anos:


1º de E.P.


2º de E.P.


3º de E.P.


4º de E.P.


5º de E.P.


6º de E.P.


A media mañá, comezaron os obradoiros. Cada grupo de primaria, dispuxo de vinte minutos, para estar en cada un dos cinco obradoiros.  Como sempre, contamos coa colaboración e participación da ANPA para a realización de dous dos obradoiros: o de maquillaxe e o túnel do terror. Ademais, disfrutamos de curtos de medo na biblioteca (como Fiz o coleccionista de medos, A bruxa regañadentes, a Meiga Chuchona, ...), de xogos monstruosos en informática e de xogos de baile, de puntería  e de equilibrio e precisión, no ximnasio.

Pasámolo fenomenal!!!!

Podedes ver máis fotos do día na nosa Galería:

 

 FOTOS SAMAÍN 2017

CONCURSO DE CABAZAS

Un ano máis celebramos no Centro o tradicional concurso de cabazas. Este ano, houbo cinco premios: dous para infantil (un para cada clase) e tres para primaria.
 
Estas foron as cabazas participantes:
 

 


Como podedes ver, todas as cabazas eran moi bonitas e orixinais, é por iso que a votación estivo moi reñida. Ao final as cinco cabazas gañadoras foron:


- A de Alba de E.I. 4 anos:



- A de Candela de E.I. 5 anos:




- A de Valeria de 2º de E.P.:




- A de Thais de 3º de E.P. :




- E a de Lucía de 6º de E.P.:




Aquí podedes ver ás cinco afortunadas gañadoras, posando diante das súas cabazas cos seus vales para cambiar por un libro en galego:



 
 
A nosa máis sinceira noraboa para as cinco e moitas grazas a todos os rapaces e rapazas, así como ás vosas familias pola participación no mesmo.
 
Cada neno e nena participante recibiu un marcapáxinas conmemorativo da súa participación no mesmo.
 
Este é o modelo para Infantil, 1º e 2º de E.P.:
 
 
E este o modelo para os cursos superiores:
 

DECORACIÓN DE SAMAÍN

Este ano, todas as clases do centro, decidiron decorar as súas portas. Ollade que bonitas quedaron:

 

 

 

 

GÚSTANVOS?

Distribuir contido


by Dr. Radut