Skip to Content

                                                  

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ


O pasado 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana, entre todas as clases fixemos o ABECEDARIO DA PAZ, con palabras, debuxos e as nosas fotografías facendo ACROSPORT. Ollade:



 Ás  11:00 comezamos co xa tradicional programa de radio que podedes escoitar na entrada anterior.

Despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto e alí cantamos e bailamos a Danza da Paz de Mamá Cabra:

 

A continuación no patio de arriba, soltamos unha parella de pombiñas brancas:

E xa para rematar, os nenos e nenas de sexto de Educación Primaria xunto coa profesora de Educación Física, Bea, organizaron uns fantásticos xogos populares cos que o pasamos moi pero que moi ben.

 

Podedes ver máis fotos da celebración na nosa galería:

PAZ 2019



page | by Dr. Radut