"Contos de Medo... no Colexio de Laredo" Samaín 2017

Achégase a época do Samaín e este curso imos celebralo botando man das vosas imaxinacións. Queremos facer unha exposición de CONTOS DE MEDO AMBIENTADOS NO ESPACIO inventados por vós. Para isto, o 13 de outubro o alumnado do centro levará noticias ficticias relacionadas co espacio que vos servirán de inspiración para escribir e ilustrar un conto terrorífico no que aparezan extraterrestres, ovnis, meteoritos descontrolados, radiacións mortais, planetas fantasmas,…e todo o que se vos ocorra! O conto non poderá exceder unha carilla e entregaráselle ao titor o 23 de outubro. Posteriormente estes contos exporanse e encuadernaranse para formar o libro “Contos de medo do colexio de Laredo, TOMO IV”, que pasará a formar parte da nosa Biblioteca para disfrute de todos.

O conto deberá ser en Lingua Galega.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

UN ASTEROIDE ROZARÁ A TERRA DURANTE A NOITE DE SAMAÍN.

Según fontes da ESA ( Axencia Europea Espacial), un enorme asteroide de 900 metros de diámetro pasará rozando a atmosfera terrestre na noite de Samaín a uns 126.000 km. por hora supoñendo unha grande amenaza para a Terra, xa que podería chegar a impactar con ela se se desvía por mor da gravedade. Se esto sucedera, a súa caída está prevista sobre a Illa de San Simón, o que suporía unha hecatombe similar á que provocou a extinción dos dinosaurios...

AVISTADA UNHA GRANDE NAVE ESPACIAL DE ORIXE DESCOÑECIDA SOBRE A RÍA DE VIGO.

O Exército do Aire informou onte do avistamento dun obxecto voador non identificado (ovni) sobre a Ría de Vigo, concretamente sobre o colexio de Laredo. Dito avistamento foi contemplado por centos de persoas que ás 14:00 horas acudían a recoller aos nenos á escola, aínda que según fontes do Aeroporto de Vigo, ningún radar detectou un obxecto extraño no ceo a esa hora nin en todo o día. Os veciños amosaron a súa preocupación...

 

Podedes inventar a vosa propia noticia!!!