Comezamos os "Recreos Movidiños" 2017-2018

Despois dun mes de preparativos e organizacións varias o alumnado xa chegou a un consenso. Co motivo de fornecer a hora de lecer do recreo como unha hora pedagóxica, lúdica e diversificada dende hai varios anos o centro oferta actividades e obradoiros voluntarios para os alumnos previa información e organizaciónde dos rapaces de 6º de primaria. Así que este ano, por unamidade do alumnado teremos: 

  • Luns: Xogo Libre - Material a criterio Alumnado responsable de 4º EP /non fútbol/- Recolle o Patio Alumnado de 5º EP
  • Martes: Recreos Tranquiliños: Obradoiros de baixa intensidade impartidos polo alumnado de 6º EP (Taichi, Ioga, masaxes...). - Recolle o Patio Alumnado de 5º EP
  • Mércores: Fútbol e Xogo Libre - Recolle o Patio Alumnado de 3º EP.
  • Xoves: Xogo Libre - Material a criterio Alumnado responsable de 4º EP /non fútbol/ - Recolle o Patio Alumnado de 2º EP
  • Venres: Recreos Movidiños: Obradoiros de alta intensidade impartidos polo alumnado de 6º EP (Baloncesto, Tenis,Bailes...). - Recolle o Patio Alumnado de 1º EP

Paralelamente a isto existirán dous grupos que velen pola organización dos recreos

  • Parellas rotativas de 4ºEP que velan polas actividades e o material
  • Tríos de mediadores de 5º+6º EP que axudan a resolver conflitos no espacio de lecer. (comezan o 15 Novembro na actualidade están formándose)

Así mesmo como novidade teremos un "Banco de Tempo" no que alumnado pode compartir, con (post-its informativos) os seus puntos fortes para ensinar a outros rapaces e puntos febles para que outros rapaces lle axuden xerando unha dinámica de formación entre iguais.

O rocódromo, o areeiro, o xadrez e o pinpon, bicicletas estáticas...acompañarán a diario a oferta lúdica...Mirar relaxado como crecen as prantas e as árbores?...unha opción máis :)

Máis info: Na Corticeira do patio traseiro xestionada polo alumnado de 6º EP.

AdxuntoTamaño
IMG_20171013_183432.jpg2.14 MB