Xa temos os mediadores deste ano!!! MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Dentro do Plan de Convivencia do Centro, recóllense entre outros aspectos, a resolución pacífica dos conflitos da comunidade educativa a través de, entre outros, a MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS.

Tomando como marco legal a LEI 4/2011 de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015 de 8 de xaneiro que a desenvolve , artéllase o “Programa de Mediación entre Iguais” (programa con dous anos de vida no centro), co que pretendemos que os alumnos desenvolvan habilidades sociais , estratexias de resolución de conflitos, ...

Este programa comezará a implantarse no centro a partires do presente mes.  A “Mediación entre Iguais”, defínese cómo un proceso de resolución de conflitos entre dúas partes (dous alumnos/as ou máis), na que unha terceira parte neutral (o mediador/a), axuda a que as partes en conflito atopen unha solución. É un proceso voluntario e confidencial. O alumnado mediador non propón solucións, senón que axuda aos alumnos/as en conflito a chegar por sí mesmos/as a un acordo satisfactorio.

Así pois o alumnado de 5º+6º durante durante os meses de outubro/novembro formaranse no centro da man da Orientadora en Competencias Social e cidadá, de Autonomía e Iniciativa Persoal e a Competencia para Aprender a Aprender; ademais de estratexias de xestión positiva de conflitos que favorecen a convivencia...de devanditas formacións xorden de maneira voluntaria mediadores para xestionar os pequenos conflitos no centro ao longo do ano.

Podedes seguir toda a información do programa dende: http://convivencia.ceipdelaredo.com

AdxuntoTamaño
CARAS+.jpg325.65 KB