Agradecemento ás Familias: Descarga a Banda Sonora do Proxecto!!!

Grazas a todas as familias que participan e participaron a través da nosa plataforma http://participa.ceipdelaredo.com na labor de atopar e compartir cancións coherentes coa temática do proxecto deste ano: Universo, Cosmos, Ciencia Ficción....contamos xa con 200 títulos que compartimos nesta Playlist e que pasarán a formar parte da nosa Banda Sonora este ano:

  • Nas entradas e saídas.
  • Nos recreos.
  • Nas ambientacións de obradoiros.
  • Nos traballos realizados polo alumnado.
  • Así mesmo, moitas delas, serán obxecto de traballo na aula. 

Animámosvos a escoitar esta playlist cos vosos fillos/as;  unha selección musical feita polas familias para familias, así poderedes facer unha "inmersión" musical na temática deste ano. 

Grazas por colaborar!!!!