Seleccionados pola Xunta para Proxecto Robótica - Primaria

O centro foi seleccionado pola Xunta de Galicia xunto con 50 centos máis para o traballo da "Robótica en Primaria"; este programa enmárcase dentro do Proxecto ANUAL "Proxecto Laika" do centro. Cómpre resaltar que o noso plan nace con dous obxectivos principais. En primeiro lugar, busca lograr que todo o alumnado teña formación en robótica e programación no curso 2017/20 co fin de que acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM. Con este proxecto o claustro durante o curso 2017/18 desenvolverá un plan de formación específico en Robótica, Programación e Impresión 3D vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas para, deste xeito, reforzar os coñecementos dos docentes nesta materia e trasladalos ao alumnado.