"Pallasos en Rebeldía" Conmemoración Día Internancional da Paz (20/09) 5º+6º

O vindeiro mércores 20 de setembro, ás 12:00, o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria, asistirá ao espectáculo "O Valo" da compañía Pallasos en Rebeldía que terá lugar no Multiusos de Chapela. Dita representación baséase nun texto do mesmo nome, escrito polo dramaturgo Carlos Labraña, e que recibiu o pasado ano o IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. Con ela celebraremos o Día Internacional da Paz, efeméride recollida no calendario das Nacións Unidas para o 21 de setembro. O Fondo Galego de Cooperación ofrécenos de balde este espectáculo como parte da súa programación de información e sensibilización.

Máis info: http://pallasosenrebeldia.org/archivos/5604