Seleccionados pola Fundac. Botín & Barrié para desenvolver un proxecto sobre a Educ. Emocional.

Estamos de noraboa!!!,  somos un dos 8 centros en Galicia seleccionados para realizar un innovador proxecto de desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade baixo a financiación da Fundación Botín, Fundación Barrie e a Consellería de Educación.

Un proxecto que durará 3 anos no que os docentes do centro formaranse nos devanditos 3 eidos, realizaranse obradoiros para as familias e o alumnado traballará dunha maneira directa e vivencial o aspecto socioemocional. O centro poderá nutrirse de recursos exclusivos, así como ter acceso a persoal especializado nesas materias e contribuír nos informes anuais internacionais sobre boas prácticas.

Unha nova oportunidade para diversificar metodolóxica e curricularmente o noso centro en base a demanda social dunha educación emocional que xere alumnado máis competente, autónomo e motivado. 

+info: http://www.fundacionbotin.org/educacion/area-de-educacion-de-fundacion-botin.html