Obradoiros de Pepe Solla no centro. Participa EI+1º+2º!!! (07/06)

Dentro dos proxectos de este ano relacionados coa promoción de hábitos de vida saudable temos especial interese en ser creativos neste aspecto, pois ser saudable non ten por que ser aburrido, así como salientar a nosa riqueza e cultura gastronó-mica dende os máis cativos.

Así pois o recoñecido chef Pepe Solla (estrela Michelín) visitará o centro o mércores 7 de maio interesado en coñecer os nosos proxectos sobre esta temática. O alumnado faralle unha entrevista, crearemos unha receita e dará un obradoiro sobre a cultura gastronómica local e sobre o oficio de cociñeiro. Será un xurado moi especial dun concurso particular e creativo onde pedimos a vosa colaboración (Educ Infantil+1º+2º); crear un prato saudable con plastilina moi innovador e creativo, nun prato de plástico, e identificado cunha tarxeta co nome do prato e o autor (alumno e curso). O mencionado chef outorgará culler de ouro, prata e bronce aos maís representativos. Tedes de prazo para entregalos ata o venres 2 de xuño.